Skip to Content

Histórico centro

MOCHILAS VIAXEIRAS

En outubro, empezaron a viaxar as mochilas viaxeiras e nas casas xa as estaban esperando. Fixemos unha exposición no cole cos cadernos de anos anteriores para que toda a comunidade educativa puidera ver o traballo feito. 

 

SAMAÍN 2016

Un ano máis chegou esta festa terrorífica con cabazas terroríficas e contos de medo. Contos que non son tal, pois sempre nos arrincan un sorriso. 

Este ano, en infantil os profes e Eric, o noso auxiliar de conversa, contaron "Cocorico", "Fiz, o coleccionista de medos", "Tío Lobo" e "Run, pumpkin run"

Para os nenos de 1º e 2º, "A min non me comas" e "Tío Lobo".

Foi unha xornada de festa pero de meeedooo...

 

PLAMBE

PLAMBE

RELATOS DE MEDO 2016

XA ESTÁN AQUÍ OS RELATOS E ILUSTRACIÓNS DE MEDO QUE FIXERON OS VOLUNTARIOS  DO NOSO COLE. PODEDES VELOS E LELOS AQUÍ 

 

 

VISITAMOS O MUSEO DE PONTEVEDRA.

O martes, 22 de novembro, o alumnado de 3º e 4º de primaria visitamos o Museo de Pontevedra. Alí tivemos que facer de detectives para dar con pinturas e esculturas seguindo unhas pistas.

 

Para ser un bo detective debiamos observar con calma e concentración as obras de arte. Tamén tiñamos información nos carteles que acompañan as obras de arte.

Cada un de nós tiña que completar un caderniño.

 

Ao rematar a visita ao museo aproveitamos a saída para dar un paseo polas rúas da cidade de Pontevedra.

 
 

3 DE DECEMBRO- DÍA MUNDIAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

 

A ASEMBLEA XERAL DA NACIÓNS UNIDAS no ano 1992 declarou o 3 de decembro dia mundial das persoas con discapacidade.

O obxectivo desta conmemoración é facer visibles diante de tod@s, ás persoas con discapacidade e promover iniciativas para:

- Eliminar as barreiras que dificultan a súa integración, tanto físicas coma psicolóxicas (prexuízos).

- Facilitarlle a integración na sociedade proporcionando servizos sanitarios, educativos, sociais ... que fagan posible o seu maior desenvolvemento.

No colexio fixemos unha actividade, o  mércores 7 de decembro onde os nenos e nenas puideron vivenciar as dificultades que as persoas con discapacidade atopan no seu día a día.

Por outra banda o CEE JUAN MARÍA de Nigrán organiza moitas actividades para esta data, entre elas a difusión dun video coa canción “LATIENDO POR TI”, a proxección da película “LA HISTORIA DE JAM”, mañá 1 de decembro ás 19 h no auditorio de Nigrán, gratuita e un acto o sábado 3 na Praza do Concello de Nigrán a partires das 17 h con música en directo.

 

Invitan a toda a comunidade e piden a nosa colaboracion enviándolle fotos ou videos dos nenos, nenas, profesorado,familias ... con globos verdes (cor da inclusión) para logo publicalos, por iso animade aos nenos e nenas a vir o día 7 con camiseta ou xersei verde e a facerse a foto individual ou en grupo con globos verdes que haberá no colexio.

 


ACTIVIDADES FIN DO 1º TRIMESTRE.

Recomendacións lectoras 1º trimestre

Xa están aquí as vacacións de Nadal e con elas as primeiras recomendacións lectoras do curso. Son libros para pedir, regalar ou autoregalar e para toda a familia. Bo Nadal lector a todos e o ano que vén, 2017, máis e mellores libros. 

Dende a Biblioteca do Ceip Souto Donas, recomendámosvos:

 



by Dr. Radut