Este ano 2020 homenaxeamos a Ricardo Carvalho Calero no Día das Letras Galegas. É unha das figuras máis importantes da cultura galega do século XX, en especial pola súa contribución ao estudo da literatura galega, polo maxisterio que exerceu como primeiro profesor e catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega e pola influencia que atinxiron as súas ideas sobre o idioma galego.
Queres coñecer ti agora un pouco máis sobre Ricardo Carvalho Calero?
Preme nas imaxes para acceder aos recursos e actividades que nos ofrecen a Real Academia Galega, o Seminario Galán, o Portal da Lingua Galega, a Plataforma da Coordenadora de Equipas de Normalización de Ferrolterra, o Colectivo Egeria, o Observatorio Galego da Lingua e a Associaçom Galega da Língua.
PRIMAVERA DAS LETRAS GALEGAS
SEMINARIO GALÁN
O PORTAL DA LINGUA GALEGA
REAL ACADEMIA GALEGA
COORDENADORA DE EQUIPAS
DE NORMALIZACIÓN DE FERROLTERRA
COLECTIVO EGERIA
OBSERVATORIO GALEGO DA LINGUA GALEGA
ASSOCIAÇOM GALEGA DA LÍNGUA