Skip to Content

Histórico centro

ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º ...ARQUEÓLOGOS POR UN DÍA!

TRABALLAMOS A CARLOS CASARES

Maio 2017

Ademais de diversas actividades realizadas na aula....

 



Nesta imaxe podemos ver unha curta presentación sobre Carlos Casares no Val Miñor
 

VEN Ó CAMIÑO

O pasado mes de maio fixemos unha saída extraescolar na que durante dúas xornadas percorrimos a pé dous tramos do ruta francesa do camiño de Santiago polas Terras de Samos e Pedrafita do Cebreiro.

Esquecidas as bochas dos pés de tanto andar, podemos lembrar a excursión con estas imaxes:

 

 

 

 

 

PROGRAMA XOGADE

Durante a mañá do 25 de maio, o grupo de quinto participou en diferentes probas atléticas: lanzamento de vortex, 60 metros lisos, lanzamento de peso, salto de lonxitude, 500 metros e relevos 4*60 metros.

A unión  do esforzo e superación de cada nena e neno da clase de 5º do CEIP Soutodonas contribuíu  a acadar o 2º posto nesta celebración escolar do atletismo pontevedrés, celebrado nas pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva na cidade de Pontevedra.

 

 

XORNADA DE CONVIVENCIA

O xoves 1 de xuño tivemos unha visita moi especial, os nenos e nenas que van estar neste colexio o próximo curso estiveron cos seus pais e nais compartindo con nós unhas horas.

Jose Luis, Belén e Bea contáronnos un conto, logo fixemos con eles un traballiño na clase, despois houbo unha merendola especial no comedor e despedímolos no parque xogando un rato.

Esperamos que desfrutaran do día e quedaran con ganas de voltar.

ATA  PRONTO!!

 

IMOS ÁS CÍES !!

FESTIVAL FIN DE CURSO!!

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO.

 

Como en cursos anteriores o Ministerio de Educación ven de convocar

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO

EDUCATIVO PARA ESTE CURSO 2019-20 (BOE 27.07.2019)

 

Como o pasado curso a solicitude hai que facela por internet.

 

Clicade para acceder á aplicación : 

 

AXUDAS ALUMNADO NEAE

 

Unha vez cuberta a solicitude hai que imprimila e completar toda a documentación que xa nos indica.

 O prazo para presentar as solicitudes no colexio remata o 26 de setembro.  

SAMAÍN. OUTONO E MAGOSTO

 

 Xa chegado o tempo do Samaín, aquí vos deixamos xogos e actividades para aprender e pasalo ben. 

 

 

  Lim: Chegou o Samaín

 

  Lim:  o Outono e o Samaín

 

 

  Conto do Samaín da EEI Tarrio Samieira

 

 

  Xogo " Aí vén a bruxa"

 

Xogo do Samaín

 

 

  Xogo "pillacabazas"

 

 

  Decora a túa cabaza : "Pumpkin Dress-Up"

 

 

 

  Disfraza e colorea ( Dress up with Halloween costumes)

 

                                                   

 

 

   DO SAMAÍN Ó HALLOWEEN

PARA SABER MÁIS SOBRE AS ORIXES DO SAMAÍN 

 

 

 

  COMPILACIÓN RECURSOS SAMAIN

NUMEROSOS E VARIADOS RECURSOS

 

 

 

UNIDADE DIDÁCTICA: O SAMAÍN  

 ACTIVIDADES PARA INFANTIL E PRIMARIA

 

 

 

  UNIDADES DIDÁCTICAS: O MAGOSTO

 

 

 

 

 

 

 

 

Xornada de Primeiros Auxilios coa Cruz vermella

O día 06 de outubro, o alumnado de 4º participou nunha xornada de Primeiros Auxilios cun membro da Cruz Vermella.

Podedes ver algunhas fotos.

 



by Dr. Radut