Skip to Content

Novas

Malas novas para o galego

Vimos de recibir malas novas sobre o emprego e dominio do galego por parte das rapazas e rapaces que rematan a etapa da ESO. Un estudo elaborado pola Real Academia Galega constata que: Continúa o desequilibrio: o 35% do alumnado castelanfalante remata a ESO cunha escasa competencia en galego.

Isto non fai máis que confirmar que o camiño que levamos non é o correcto e debemos pór o noso esforzo e interese en mellorar xa que vai a vida da nosa Lingua nelo.

Para obter máis información poñemos ao voso dispor un enlace á páxina web da RAG onde podedes consultar os datos do estudo realizado.

Está nas nosas linguas a posibillidade de darlle ao galego mil primaveiras máis. Animádevos.

 

SABER O MAR

O martes 23 de febreiro as alumnas e alumnos de cuarto de Primaria asistimos a un Obradoiro organizado polo Museo do Pobo Galego. Foi impartido por Jose Valtierra e nel puidemos coñecer de primeira man todo o relacionado coa cultura tradicional mariñeira galega. Temos o mar tan preto e cantas cousas descoñecemos!.

Embarcacións como a Dorna, animaliños como a Broma, como se protexían e protexían as súas embarcacións, que función tiña cada quen no barco, como facían un uso responsable dos recursos, técnicas de pesca sustentables e unha morea de vocabulario relacionado co mar foron algunha das cousas máis destacadas da exposición. Para rematar puidemos visitar de xeito virtual a aula do Museo do Pobo Galego na que están representados todos estes oficios, moitas grazas a Carme polo seu acompañamento.

Que afortunadas e afortunados nos sentimos.

Aquí vos poñemos unha montaxe con algunhas das cousas que fixemos. Agardamos que vos gusten.

 

Día de Rosalía

O día 23 de febreiro, como vén sendo habitual, celebramos no cole o día de Rosalía de Castro.

Este ano realizaremos unha actividade plástica e para rematar traballaremos sobre o poema de Rosalía "O moucho" coa súa versión musicada, que podedes escoitar premendo aquí.

Tamén deixamos o acceso a un genially, elaborado polo EDLG de varios centros, onde ademais de aprender datos sobre a vida e obra de Rosalía tamén tedes actividades interactivas.

Asemade o  Equipo de Dinamización Lingüística do Colexio San Pío X (Ourense) quixeron compartir connosco un recurso que elaboraron para aproximarnos á vida da escritora. Non deixedes de visitalo a través desta ligazón.

AGRADECEMENTO Á Dra. SONIA VILLAPOL SALGADO

Logo do desenvolvemento da charla impartida pola Dra. Sonia Villapol Salgado recibimos moitos parabéns e mostras de agradecemento. Supoñía un reto tratar de recoller en poucas palabras todo o que nos foi chegando, polo que decidimos facer a montaxe de vídeo que a continuación vos presentamos. Sen dúbida non están todas as que son mais son ben sentidas todas as que están e son un reflexo da nosa gratitude.

 

 

IMOS ACABAR CO CORONAVIRUS!

Houston, Houston!! Temos unha morea de dúbidas!

  • Que impacto ten a acción do ser humano na aparición das pandemias?
  • Que é a zoonose?
  • Que perigos supón estes virus?
  • Que medidas de prevención debemos adoptar para defendernos do coronavirus?
  • Que efectos provoda o virus a curto e medio prazo?
  • Cando veremos a efectividade das vacinas?
  • Que é a neurociencia?

E quen nos responde a todas estas preguntas? As preguntas respóndenolas a Ciencia. E que é a Ciencia? A Ciencia é unha muller de Bretoña, a Ciencia é Sonia Villapol Salgado.

Sonia Villapol é Profesora e Investigadora Principal no Instituto de Investigación do Hospital Metodista, en Houston (o maior centro médico do mundo). E ao mesmo tempo é Profesora de Neurociencias na Universidade de Cornell en Nova Iorke. 

O venres 18 de decembro estivo connosco Sonia Villapol a través dunha conferencia que compartimos en directo na nosa canle de YouTube  .

Participamos nesta charla alumnas e alumnos do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda (Lugo) e do CEIP Plurilingüe Souto Donas (Gondomar).

Premendo na seguinte imaxe accedes á visualización do vídeo promocional da charla.

 

SAMAÍN

Este ano por mor das especiais condicións nas que se está a desenvolver o curso non foi posible que as cabazas do Samaín se apoderaran do nós. Pola contra, aquí tedes unha boa mostra de como esta data segue a engaiolarnos. Accede tamén a esta fotomontaxe.

Moitísimas grazas, familias, pola vosa colaboración!

 

Hecho con Padlet

SAMAÍN

 

Chega o outono. Tempo de castañas, noces, vento, follas secas e días escuros. É  o tempo de recoller o millo e as cabazas. É tempo en que a rapazada fai as caveiras na cortiza das cabazas seguindo unha antiga tradición. É tempo de... SAMAÍN!

 

"Nin as bruxas, nin os demos ou zombis pintan nada no imaxinario desta festa, todo o máis as pantasmas coa cara tapada ou emborrallada como no magosto, festa que, por certo, ten bastante proximidade con esta. E dende logo nada de morcegos, arañas, bufos, ou outros animais semellantes, respectados no rural polos seus beneficios e satanizados... no Halloween." www.blogofiadeiro.blogspot.com

 

Convidámosvos a que, dende as vosas casa, continuedes con esta tradición e participedes nesta actividade:

1. Decora a túa cabaza empregando, preferiblemente, materiais de refugallo.

2. Sácalle unha foto.

3. Envíanola ao correo "edlgsoutodonas@gmail.com" indicando o nome e o curso da/o nena/o.

Data límite para enviar a foto o día 2 de novembro.

 

Lembrade que este curso por mor das condicións sanitarias que estamos a vivir non poderemos traer as cabazas ao cole.

 

Permanecede atentas e atentos á nosa páxina web para ver a montaxe que crearemos con todas as cabazas.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega

 

 

 

SAMAÍN. OUTONO E MAGOSTO

 

 Xa chegado o tempo do Samaín, aquí vos deixamos xogos e actividades para aprender e pasalo ben. 

 

 

  Lim: Chegou o Samaín

 

  Lim:  o Outono e o Samaín

 

 

  Conto do Samaín da EEI Tarrio Samieira

 

 

  Xogo " Aí vén a bruxa"

 

Xogo do Samaín

 

 

  Xogo "pillacabazas"

 

 

  Decora a túa cabaza : "Pumpkin Dress-Up"

 

 

 

  Disfraza e colorea ( Dress up with Halloween costumes)

 

                                                   

 

 

   DO SAMAÍN Ó HALLOWEEN

PARA SABER MÁIS SOBRE AS ORIXES DO SAMAÍN 

 

 

 

  COMPILACIÓN RECURSOS SAMAIN

NUMEROSOS E VARIADOS RECURSOS

 

 

 

UNIDADE DIDÁCTICA: O SAMAÍN  

 ACTIVIDADES PARA INFANTIL E PRIMARIA

 

 

 

  UNIDADES DIDÁCTICAS: O MAGOSTO

 

 

 

 

 

 

 

 

CHEGA O NADAL E AÍ VÉN O APALPADOR!

 

Quen é O Apalpador? Aprendamos un pouco sobre este personaxe. Aquí deixamos un enlace. Preme na imaxe

 

Distribuir contido


by Dr. Radut