Skip to Content

5º e 6º.

PROGRAMA XOGADE

Durante a mañá do 25 de maio, o grupo de quinto participou en diferentes probas atléticas: lanzamento de vortex, 60 metros lisos, lanzamento de peso, salto de lonxitude, 500 metros e relevos 4*60 metros.

A unión  do esforzo e superación de cada nena e neno da clase de 5º do CEIP Soutodonas contribuíu  a acadar o 2º posto nesta celebración escolar do atletismo pontevedrés, celebrado nas pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva na cidade de Pontevedra.

 

 

VEN Ó CAMIÑO

O pasado mes de maio fixemos unha saída extraescolar na que durante dúas xornadas percorrimos a pé dous tramos do ruta francesa do camiño de Santiago polas Terras de Samos e Pedrafita do Cebreiro.

Esquecidas as bochas dos pés de tanto andar, podemos lembrar a excursión con estas imaxes:

 

 

 

 

 

SAÍDA AO CEBREIRO. 5º CURSO

Ola.

Aquí temos as fotos das dúas etapas que fixemos do Camiño de Santiago. Estivemos no Cebreiro, en Lugo.

Fixemos deporte, disfrutamos da natureza, coñecemos xente e pasámolo xenial.

SAÍDA Á CORUÑA.

O pasado 14 de febreiro fixemos unha saída didáctica á Coruña.

Foi unha saída científica, visitamos:

  • A CASA DAS CIENCIAS, onde puidemos experimentar co movemento, as forzas, o magnetismo,...

  • O MUSEO TECNOLÓXICO, alí démonos conta de como vai evolucionando a ciencia, miramos un dos primeiros ordenadores, un alambique, unha romana, un dos primeiros coches españois (SEAT 600) e ata un avión ...

  • O AQUARIUM, coa axuda da nosa guía aprendimos moitas cousas dos peixes e outras especies marítimas, sobre todo das que podemos atopar no noso litoral: polbos, rodaballos, doradas,... pero os que máis chamaron a nosa atención foron as focas e Gastón, un tiburón touro macho de 2,5 m de llongo e 120 Kg de peso, que trouxeron da Bretaña francesa.

 
 
 
 
 


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

O ALUMNADO DE 6º NOPROGRAMA DE INMERSIÓN LINGüÍSTICA

Fomos seleccionados para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, que ten lugar nos Peares (Lugo) entre o 16 e o 22 de outubro.

 

O noso alumnado vai a vivir unha experiencia inolvidabel na que convivirán con alumnado doutros centros, tendo como principal obxectivo a mellora da competencia lingüística en lingua inglesa.

 

As familias podedes ver as distintas actividades que se van a facer a diario na páxina www.playandsay.org co nº de usuario e contrasinal que xa tedes.

SAÍDA DIDÁCTICA MONTE ALOIA

VEN AO CAMIÑO 2016.

O luns 2 de maio saímos do colexio para facer dous tramos do CAMIÑO DE SANTIAGO.

 

Fixemos unha parada en MONFORTE DE LEMOS para visitar a TORRE DA HOMENAXE do castelo.

É unha atalaia de 30 m. de altura, 13 m. de lado e muros de 3 m. de grosor construída entre os séculos XIII e XV, era o edificio máis importante dentro do castelo, xa que nela se celebraban as Cerimonias da Homenaxe, rito que unía o señor co seu vasalo.

 

Logo continuamos no autobús ata VEGA DE VALCARCE, alí comezamos a 1ª ruta, de case que 12 Km., ata O CEBREIRO (unha subida impresionante)

 

O día seguinte fixemos a ruta entre TRIACASTELA e FURELA, de 10,4 Km., polo medio dunha paisaxe preciosa.

 

 

Logo dunha abundante comida voltamos para o colexio, pero fixemos unha parada nas POZAS de OUTARIZ (TERMAS de OURENSE), para relaxarnos e desfrutar das súas augas.

 

 

LEMBRAMOS A VIAXE A BARCELONA.

 

 

VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA (PARLAMENTO E CATEDRAL).

O xoves 10 de decembro fixemos unha saída a Santiago de Compostela.

En primeiro lugar visitamos o Parlamento de Galicia e pola tarde as cubertas da Catedral.

 

Mentres agardávamos para entrar ao Parlomento, merendamos e descansamos un pouco. Cando entramos recibiunos un guía que foi o que nos acompañou durante toda a visita.

O guía ensinounos que:

O Parlamento de Galicia é a institución onde reside o poder lexislativo (encargado de facer e reformar as leis)da comunidade autónoma de Galicia.

 

Foi instaurado, con anterioridade ás primeiras eleccións autonómicas de 1981.

 

As suas funcións principais son:

  • Elaborar e reformar as leis de Galicia.

  • Controlar as acción s do goberno da comunidade.

  • Elixir de entre os seus membros ao Presidente da Xunta de Galicia.

 

                  

A sede do Parlamento de Galicia aséntase no Pazo do Hórreo.

O salón de sesións é o lugar habitual onde se celebran as sesións plenarias. Os deputados ocupan os escanos (dispostos en forma de hemiciclo) fronte á mesa presidencial.

 

O presidente da Xunta de Galicia e o seu goberno ocupan a primeira fila, e o resto de deputados e deputadas, agrupados por grupos parlamentarios, sentan no resto dos escanos.

 

O Parlamento de Galicia está formado por 75 deputados. Destes, son elixidos

24 pola provincia da Coruña, 21 pola de Pontevedra, 15 pola de Lugo e 15 pola de Ourense. Tras as eleccións do 21 de outubro de 2012 o resultado para a súa configuración durante a IX Lexislatura foi:

 

Presidenta: Pilar Rojo Noguera (PPdeG)

Vicepresidente primeiro: Miguel Santalices Vieira (PPdeG)

Vicepresidenta segunda: Marisol Soneira Tajes (PSdeG-PSOE)

Secretario: José Manuel Balseiro Orol (PPdeG)

Vicesecretaria: Concepción Burgo López (PSdeG-PSOE)

 

Grupos Parlamentarios

Nome

Partidos

Portavoz

Escanos

Grupo Parlamentario Popular

PPdeG

Pedro Puy Fraga

41

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

PSdeG-PSOE

José Luís Méndez Romeu

18

Grupo Parlamentario de AGE

AGE

Xosé Manuel Beiras Torrado

7

Grupo Parlamentario do BNG

BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

7

Grupo Mixto

Grupo Mixto

Carmen Iglesias Sueiro

2

 

A actividade do Parlamento de Galicia desenvólvese en dous períodos de sesións:

un que abarca os meses de setembro a decembro e outro do 15 de xaneiro ao 15 de xullo.

 

As sesións plenarias son públicas, existindo no salón de sesións a tribuna, que é un espazo reservado a quen desexe seguir as intervencións en vivo e en directo.

Para iso, a persoa interesada debe solicitar a correspondente invitación á presidencia ou a algún grupo parlamentario. Tamén é posible seguir os debates a través da web do Parlamento, en Parlamento TV, no momento da celebración da sesión plenaria.

 

Ao rematar a visita fixemos un percorrido polas rúas de Compostela. Chegamos a Alameda e alí almorzamos e pasamos un rato de lecer antes de dirixirnos ata a Catedral para poder visitar as súas cubertas.

          

 

Alí unha guía acompañounos durante todo o percorrido e contounos que as cubertas da Basílica Compostelá foron, -desde as orixes do edificio-, de granito e graduadas; ás que se podía acceder a través das torres da fachada medieval do Mestre Mateo. A finais do s. XVIII- comezos do s.XIX foi cuberta de tella e non foi ata mediados do s.XX cando voltaron a ser de pedra.

   

Tras o ascenso polas estreitas escaleiras da torre, aparecen as impresionantes cubertas graduadas da Catedral, que se percorren en toda a súa extensión.

Subir ás cubertas do Santuario Xacobeo é ter acceso a un lugar privilexiado desde o cal se pode rematar a visión da Basílica, e, ao mesmo tempo, contemplar a cidade de Compostela.

A case 300 metros de altitude, a 30 metros por encima da Praza do Obradoiro e cun campo de visión de 360 graos, a mirada deslízase polos tellados e pérdese nos montes circundantes nunha visión inesquecible.

 

Resultounos unha saída moi didáctica e divertida.

Pasámolo fenomenal!!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut