Skip to Content

Educación Física.

Horario das clases de Educación Física e normas de hixiene.

       LUNS    MARTES             MÉRCORES         XOVES            VENRES    
6ºA 6ºB 6ºA
2ºB 2ºA 6ºB
2ºB 2ºA
       

Os días que teñades E.Física deberedes traer unha camiseta para cambiarvos cando remate a clase. A parte, os que queiran, poden traer unha toaia pequena para secarvos a suor ou por se vos lavades no lavabo.

Tamén deberedes traer unha botella de auga pequena.

É importante que traiades a roupa marcada, sobre todo as suadeiras e cazadoras.

Las mejores etiquetas para marcar el material escolar y la ropa de tus hijos

 https://concellodegondomar.gal/o-concello-de-gondomar-presenta-as-suas-e...

Comezo do curso 2023-24

Iniciamos este curso con moita ilusión. Vai a ser un curso activo, cheo de experiencias novas que nos farán mellorar como seres humanos.

 

Imágenes Relacionadas Con La Educación Física

Sabedes que estamos programados para movernos. Os nosos corpos son máquinas de precisión que nos ofrecen a posibilidade de facer distintos tipos de movementos. Imos experimentalos todos.

 

El aparato locomotor y el esqueleto del hombre - eurorecetas.com

É preciso que coidemos o noso corpo polo que temos que ser moi coidadosos co que comemos. A COMIDA REAL, a que atopamos directamente na natureza é a que nos vai a aportar máis e mellores nutrientes. Temos que deixar de lado os ultraprocesados (alimentos sometidos a procesos industriais).

 

Resultado de imagen de imagenes comida real

 

Temos que evitar o sedentarismo, o pasar tempo sentados, sen movernos. Temos un entorno fantástico que nos permite facer un montón de actividades diferentes (bicicleta, surf, caminatas, carreiras, saltos, bailes, ...).Calquera opción é boa. O ideal sería facer algunha actividade motriz fóra do horario lectivo, esto fará que ademáis de facer exercicio, socialicemos con outros compañeiros. Somos seres sociais por natureza e temos que tratar de facer actividades grupais onde teñamos retos compartidos que nos farán máis solidarios e comprensivos cos demáis.

 

Para calquera consulta podedes empregar o seguinte correo electrónico:

educacionfisicadonas@gmail.com

A través desta páxina web irei informando de actividades que fagamos no centro e as que podedes facer na vosa contorna.

Unha aperta e feliz curso a todos/as.

Nano.

Distribuir contido


by Dr. Radut