Skip to Content

Transporte

Cambio na ruta de transporte do Telleiro

 

Carta remitida por O director xeral de Mobilidade

 

“Remitímoslles esta carta coa finalidade de mantelos informados sobre as novidades no transporte público en autobús que afectan ao seu centro educativo. E é que a partir do 23 de decembro botan a andar en varias zonas de Galicia 19 novos contratos, que se unen aos que xa están funcionando nestes momentos. O novo contrato de transporte que atende ao seu centro, supón que á volta das vacacións de Nadal, o 8 de xaneiro, o transporte escolar pasa a ser atendido a través do servizo de transporte integrado. A empresa adxudicataria que se fai cargo da súa prestación para o seu centro educativo é UTE XG-883, dentro do contrato de concesión XG883; Comarca do Baixo Miño e sur da comarca de Vigo. Para facilitar que a información sobre os cambios no transporte escolar cheguen con claridade a todas as pezas que conforman a comunidade educativa, a Xunta de Galicia mantén habilitado o sitio web Bus.gal.”    

 

No que respecta ao noso centro, esta nova empresa farase cargo só da liña de Telleiro  e non afecta para nada nin aos horarios nin a organización que tiñamos nos autobuses ata o de agora co protocolo covid. A nova empresa foi informada dos horarios das normas de subida e baixada e tamén do lugar que ocupa o alumnado dentro do autobús.

 

A Dirección.

 

 

Autobús

 

Contamos cun servizo de autobús de tres líñas:

Telleiro, Borreiros e San Cibrán.

Todosos autobuses teñen coidadoras polo que poden viaxar nenos e nenas a partires dos tres anos.

Liñas de autobús

 
Ruta TELLEIRO Parada
99PO0159.1   BARGA
    TELLEIRO
    SERXIO
    ESPELLO
    ESPARELLA
Ruta BORREIROS Parada
99PO0161.0   PILÓN
    S. MARTIÑO
    BALADO
    LOUSADO
    GUNDIN
    REGADAS
    CABALEIROS
    OLIVEIRA
    ABROLLIDO
    FRANKI
Ruta SAN CIBRÁN Parada
99PO0168.0   COTARELO
    PILI
    TENDA
    O CASTRO
    PORTAVEDRA I
    PORTAVEDRA II
Distribuir contido


by Dr. Radut