Skip to Content

PROXECTO DESTE CURSO. O CAMIÑO DAS ESTRELAS.

 

O mércores día 15 de outubro empezamos o Camiño das Estrelas. Dende o centro lanzamos o reto ao alumnado de facer os 118,8 km que separan o cole da Catedral de Santiago.

Dende o centro ata Ramallosa hai 3,2 km e a partir de aquí, incorporámonos ao Camiño Portugués, na súa variante pola costa.

No centro temos sinalados nove percorridos que poderán facer de xeito voluntario nos recreos, cos seus titores/as e nas clases de E.Física. Cada alumno terá unha folla de rexistro onde mensualmente anotará os recorridos feitos e metros conseguidos nese mes. Nas aulas de E.Infantil e primeiro o rexistro farase por aulas.

A parte, as familias que saiades a camiñar, ou andar en bici cos vosos fillos, podedes enviarnos un rexistro a través dunha captura de pantalla de algunha aplicación de móbil das que se usan para rexistrar datos.(Por exemplo Strava). Os que non teñades a aplicación podedes facelo simplemente enviando un correo, explicando:

Nome completo do alumno/a.

Paseo realizado. (Metros percorridos).

Algunha foto a ser posible.

Se foi andando ou en bicicleta.

Utilizade o correo educacionfisicadonas@gmail.com

Gracias pola vosa colaboración.

Bo Camiño.

 

AdxuntoTamaño
PERCORRIDOS.pdf1.84 MB


page | by Dr. Radut