Sonia Villapol Salgado é natural de Bretoña, no concello de A Pastoriza, na provincia de Lugo. Graduada en Bioloxía pola universidade de Santiago de Compostela. Doctorouse en Neurociencia na universidade autónoma de Barcelona. Actualmente é investigadora e profesora de neurociruxía nun instituto de investigación en Texas.
A través do EDNL do noso centro que se con ela, accedeu a darnos unha charla que realizouse de xeito simultáneo co CEI Rosalía de Castro de Bóveda, Lugo.
A charla foi o venres 18 de decembro ás 10:15 da mañá e dirixida ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de E.P. Tratou sobre a ciencia, a orixe do coronavirus, medidas de prevención, vacinas e influencia do ser humano no medio ambiente como causa ou orixe de pandemias.
O resto da comunidade educativa puido seguila en directo a través da canle de youtube:
Queremos darlle as grazas a Sonia pola súa amabilidade e por aclararnos tan ben todas as dúbidas que tiñamos.
Graciñas Sonia!
Deixamos aquí o enlace para que podades ver a entrevista: