Os alumnos de 6º, logo de repasar tamén contidos anteriores, traballarán o pasado do verbo To Be (recordade que o último día de clase estivemos traballando o pasado do verbo to be con mulleres que fixeron historia)
.Visualiza o vídeo sobre a formación do pasado do verbo To Be:
O venres 6 de marzo, os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria asistimos a unha charla que vieñeron a dar dous gardas civís de Gondomar.
Puxeron un pequeno vídeo titulado “Pepe y Pepa”, que trataba sobre a relación entre dous noivos adolescentes, que pasiño a pasiño, foi transformándose nun acoso psicolóxico e social , nun caso de violencia de xénero .
Logo fixémoslles unha chea de preguntas sobre o tema, moi interesantes para todos e todas.
Ola familias. Propoñémosvos varias ideas que podedes facer durante estes días que vai durar a alarma sanitaria. Son ideas para facer dentro da casa ou no xardín, os que teñades posibilidade, e reducir en todo o posible o uso de pantallas (móbil, tablet, TV...). Un saúdo. Equipo de infantil