Dependencias

AS DEPENDENCIAS DO CENTRO

Primeiramente sobre o edifico sinalar que consta de dúas plantas, das que a inferior ten -á súa vez- dous niveis separados por unha rampa.

 

_ A planta baixa está formada no seu nivel superior polos seguintes elementos:

  • Entrada principal
  • Conserxería
  •  Vitrina de trofeos do deporte escolar
  • Ximnasio (que fai as veces de salón de actos e escenario nas distintas representacións que se levan a cabo)
  • Almacén de material deportivo e de limpeza.
  • Cinco aulas: 4º de Educación Infantil, 5º/6º de Educación Infantil, 1º ciclo ( 1º e 2º), lingua inglesa e aula de apoio (PT e AL)
  • Aseos do alumnado

No nivel inferior da planta baixa atopamos:

  • Biblioteca
  • Aula de música
  • Sala de audiovisuais e Polos Creativos
  • Aseos do alumnado
  • Comedor
  • Cociña

_ No piso superior atópanse os seguintes elementos:

  • Sala do profesorado
  • Aula de informática
  • Aula de 3º e 4º de Educación Primaria
  • Aula de 5º e 6º de Educación Primaria
  • Dirección e Secretaría
  • Aseos do profesorado 
  • Sala da fotocopiadora

Ademais dos patios descubertos adosados a cada aula do nivel inferior, existe un patio principal moi grande, cunha pista de minibasquet e outra deportiva, descubertas ámbalas dúas, contamos tamén cun pequeno patio cuberto.

Tamén contamos con amplas zonas axardinadas.

 

ENLACE onde pode verse unha presentación con imaxe do centro.

Distribuir contido