Coñecemento
Programa de Estimulación da Linguaxe Oral
Enviado por Anónimo o Xov, 11/05/2015 - 20:27Nas pasadas sesións do Programa de Estimulación da Linguaxe en Educación Infantil, estivemos traballando o sopro, que é un dos aspectos básicos e necesarios para unha correcta articulación da linguaxe. Para exercitar este aspecto, sopramos pintura con palliñas sobre un mural negro, e cada un dos nenos/as pintaron o seu propio astronauta, a continuación deixamos unhas fotos para que vexades como o pasaron e cal foi o resultado do traballo, esperamos que vos guste...
BENVIDA Á AULA DE AUDICIÓN E LINGUAXE
Enviado por Anónimo o Lun, 10/05/2015 - 16:19Boa tarde!!!!
Dámosvos a benvida a aula de Audición e Linguaxe, na que frecuentemente colgaremos diversas actividades realizadas na clase, especialmente en Educación Infantil, así como pautas, recomendacións e recursos para practicar na casa mentres xogamos.
Do mesmo xeito, aproveitamos para presentar a mascota da nosa aula.... o seu nome é "Richón" !!!!
A continuación, deixamos un documento coa historia de Richón.
Esperamos que vos guste!!!!!