Complementarias

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER AO BLOGUE DO COLE E VER AS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS PARA COÑECER A LUÍSA VILLALTA.

 

5 de xuño: DÍA DO MEDIOAMBIENTE

Esta actividade foi planificada pola Anpa do centro e contou coa colaboración do Concello de Forcarei, xa que o seu concelleiro Roberto Jorge, foi o encargado de levala a cabo.

 

 

CLAUSURA DE XOGADE CURSO 2023-2024

O venres 31 de maio desprazámonos a Pontecaldelas para participar no acto de clausura de Xogade. Alí recollimos as nosas medallas e trofeos con moita alegría, desfrutamos dunha xornada de convivencia, e como broche final, bailamos unha muiñeira.

Así despedimos O XOGADE do curso 2023-2024 no que puidemos desfrutar como sempre do deporte, e todo o que este conleva: esforzo, ilusión, satisfacción, saúde, convivencia, valores...

 

MIRADE QUE DÍA TAN MARABILLOSO!

PREMEDE NA IMAXE 

 

XOGADE 2024: CAMPO LAMEIRO/SOUTELO

O xoves día 2 de maio, desprazámonos a Campo Lameiro para realizar  a última competición deste curso dentro do programa "Xogade".

Desfrutamos dunha xornada de convivencia e competición deportiva en tres modalidades (balonmán, fútbol e balonkorf) xunto co CEIP Pedro Antonio Cerviño de Campo Lameiro.

Aquí vos deixamos unhas imaxes deste día no que queremos felicitar ao alumnado dos dous centros polo seu esforzo, ilusión e deportividade.

 

 

Distribuir contido