Educación física

DESAFÍO SAUDABLE 2022 - 2023

A meirande parte do noso alumnado de primaria superou o 'Desafío Saudable' no curso 2022-2023. Grazas pola vosa participación e por contribuír a unha dieta saudable consumindo fruta nos recreos.

Noraboa a todos e todas!!

 

 

 

 

XOGADE: DEPORTE ESCOLAR

Este venres 19 de maio levouse a cabo unha xornada de deporte e convivencia seguindo coa planificación do programa: “XOGADE”. Por este motivo desprazámonos ao CEIP Pedro Antonio Cerviño para levar a cabo diversas competicións en tres modalidades: fútbol, balonmán e baloncesto.

Grazas a todas e todos pola vosa participación!!

 

XOGADE: DEPORTE ESCOLAR

Seguindo coa planificación do programa: "XOGADE" o xoves 30 de marzo desprazámonos ao CEIP de Tenorio para desfrutar doutra xornada de convivencia onde competimos en tres modalidades: fútbol, balonman e baloncesto.

PASÁMOLO XENIAL!!

 

 

Distribuir contido