Animación á lectura
CARRILEOTECA
Como xa chegou o bo tempo, dende a biblioteca decidimos que se estaba moi ben no patio do colexio, así que enviamos para alí á nosa nova amiga:
CARRILEOTECA.
Como é unha nova compañeira, ímosvola presentar pero... que saibades que é moi fermosa, alegre, divertida e o que máis lle gusta son os libros, sempre vai cargadiña de libros e está máis que disposta a compartilos con aqueles nenos e nenas que lle apeteza ler, ollar, mirar, investigar e mesmo falar sobre os libros que ela nos trae ao patio.
AQUÍ ESTÁ:
E.. MIRADE QUE BEN O PASAN OS NENOS E NENAS CON ELA
E COMO A AXUDAN A ELIXIR OS LIBROS QUE MÁIS MOLAN PARA SACAR AO PATIO
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
Enviado por Anónimo o Mér, 10/25/2017 - 22:29O día 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas.
Ás 12:00 contamos cun convidado máxico...siii...porque LE GRAND MARTÍN acompañounos durante unha horiña na que disfrutamos cun montón de xogos e trucos de maxia que nos preparou. Moitísimas gracias!!!
Logo repartimos os carnets a todo o alumnado para que podan empezar a gozar cos préstamos e por último, entregamos as mochilas viaxeiras para que comecen a vivir aventuras!!!
Na montaxe poderedes ver unhas fotiños do día.
E para rematar, deixamos na nosa biblioteca unha pegada moi importante: con creatividade e imaxinación plasmamos o que nos gusta da nosa biblioteca e que aprendemos nela.
MIRADE, MIRADE, QUE FERMOSA NOS QUEDOU A NOSA ÁRBORE!!!
AS MOCHILAS VIAXEIRAS
Enviado por Anónimo o Lun, 12/12/2016 - 23:58Cando unha imaxe vale máis que mil palabras...
Cada semana os nosos nenos/as siguen saíndo coas mochilas viaxeiras ás súas costas para disfrutar desta fabulosa experiencia!!!
A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS: CHINA
Enviado por Anónimo o Sáb, 10/29/2016 - 11:43Como ben recordades o curso pasado iniciamos un proxecto a partir do libro " A volta ao mundo en 80 días" ao que xa lle estamos dando continuidade...e así é como fixemos a seguinte paradiña...CHINA.
Logo de estar investigando nas últimas semanas unha chea de datos e curiosidades sobre China fixemos unha exposición na biblioteca.
Esta foi a actividade que escollemos para conmemorar o Día da Biblioteca que se celebrou o pasado 24 de outubro.
Podedes ver máis fotos na galería, pinchando AQUI.