Escolares, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. física, Idioma extranxeiro
PROXECTO ANUAL: SOUTELO SAUDABLE
Aquí vos deixamos 3 enlaces para que premades neles e poidades ver o traballo realizado durante o curso e secuenciado en cada trimestre:
1º TRIMESTRE
2º TRIMESTRE
3º TRIMESTRE
CAMPO A TRAVÉS (XOGADE)
Como cada ano o CEIP Soutelo de Montes forma parte do programa XOGADE (xogos galegos deportivos en idade escolar), co obxectivo de fomentar e estender a actividade física e o deporte educativo e saudable a todos os escolares, dándolles a posibilidade de practicar e competir cos colexios da súa contorna.
O pasado mércores 22 de novembro o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º do CEIP Soutelo de Montes desprazouse ata Caritel (Pontecaldelas) para levar a cabo a primeira xornada de campo a través.
Aquí tedes un breve resumo deste día que rematou cun momento de convivencia con chocolatada incluída.
Grazas pola vosa participación e noraboa a todas e todos!
DESAFÍO SAUDABLE 2022 - 2023
A meirande parte do noso alumnado de primaria superou o 'Desafío Saudable' no curso 2022-2023. Grazas pola vosa participación e por contribuír a unha dieta saudable consumindo fruta nos recreos.
Noraboa a todos e todas!!
CLAUSURA DA ACTIVIDADE DEPORTIVA ESCOLAR DO CURSO 2022 - 2023
Este venres 2 de xuño levouse a a cabo a clausura da actividade deportiva escolar formando parte do programa XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar).
A clausura tivo lugar no circuito de karting de A Madalena, en Forcarei. Alí desprazáronse os centros escolares que participaron nas múltiples actividades ao longo do curso.
A xornada comezou coa entrega de medallas individuais e posteriormente levouse a cabo a entrega de trofeos por cursos. Máis tarde subiron ao podio aqueles alumnos e alumnas clasificados en primero, segundo e terceiro lugar de cada actividade.
Para rematar a xornada desfrutamos dunha actividade de baile e posterior merenda saudable.
Grazas a todas e todos pola vosa participación!!!
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »