24 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Enviado por Anónimo o Sáb, 02/23/2013 - 23:38
O 24 de febreiro de 1837 nacía a nosa máis recoñecida escritora, a grande Rosalía de Castro.
Este día está recollido oficialmente como DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.
Este ano cúmprese o 175 aniversario.
Dende aquí e como agasallo para ela, un vídeo dos Gaiteiros de Soutelo tocando a Alborada "Rosalía de Castro" e dous vídeos máis de algúns dos seus poemas.