ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DO COMEDOR PARA O CURSO 21-22
Deberá presentarse o AnexoII: Modelo de autodeclaración e especificacións que poderedes descargar nes enlace: ANEXO II
INSTRUCIÓNS PARA CUBRIR A ANEXO II:
A renda neta per cápita familiar obterase como resultado de realizar os seguintes cálculos en base á declaración da renda do exercicio 2020:
1. Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible do aforro.
2. Deste resultado restarase a cota líquida resultante da autoliquidación.
Segundo isto, a renda familiar para os efectos da autodeclaración é o resultado da facer as seguintes operacións coa declaración do IRPF: casiña 435 + casiña 460 – casiña 595
O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman parte da unidade familiar.
O concepto de unidade familiar será o definido na normativa do IRPF.
Para determinar a renda anual familiar hai que sumar as rendas obtidas por todas as persoas que integran a unidade familiar.
Nesta operación poden presentarse varias situacións:
- Unidades familiares nas que ambos cónxuxes, ou calquera outro integrante dela, perciben rendas e teñen a obriga de presentar a declaración anual do IRPF. Neste caso, o importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, que se obterán de cada declaración, se foron presentadas individualmente -que é o habitual- ou ben, da declaración conxunta.
- Unidades familiares nas que ambos cónxuxes perciben rendas pero só un deles ten a obriga de presentar a declaración. Neste caso, a obtención do importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, para o membro da unidade que presentase declaración do IRPF máis o importe que resulte para o outro integrante da unidade familiar que non presentou declaración do IRPF, segundo os seus datos fiscais que deberá para realizar o cálculo dos seus ingresos, sumar os importes das casiñas correspondentes a (retribucións dinerarias) e (intereses) e restar os importes das casiñas correspondentes a (cotizacións seguridade social), (retencións procedentes do traballo) e (retencións procedentes do capital mobiliario).
- Cando ambos cónxuxes perciban rendas pero non teñan a obriga de presentar declaración da renda ou ben cando o cónxuxe ou os cónxuxes non perciban renda ningunha suxeita a tributación do IRPF. Nestes supostos, os interesados deberán consignar os seus datos fiscais do mesmo xeito que no especificado no apartado anterior para os membros que non presentase declaración do IRPF.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ANEXO II Comedor-convertido.pdf | 223.9 KB |