EXCURSIÓN AO PARQUE NATURAL DO RÍO BAROSA

O día 18 de xuño, fómonos de excursión de fin de curso.

Este ano escollemos como destino o Parque Natural do Río Barosa, no concello de Barro para pasar un estupendo día de convivencia todos/as xuntos/as.

 

 

Pola mañá estivemos acompañados por monitores/as que nos ensinaron este paraxe tan fermoso e nos explicaron o funcionamento dos muiños.

 

Tamén fixemos un divertido taller de elaboración de pan, doces, pizzas...

 

Pola tarde, estivemos en Caldas de Reis na fervenza de Segade.

 

Xa para merendar fomos ata San Antoniño e alí tamén xogamos no parque e demos un paseiño polos arredores.