SAÍDA DO 2º CICLO: NA PERCURA DO TESOURO

O día 26 deste mes o alumnado do 2º ciclo ten unha saída a Pontevedra. Acudirá ver a actuación musical NA PERCURA DO TESOURO,  por parte dos gaiteiros do Xistra

A actuación terá unha duración dunha hora.

¿Queredes saber de que trata?

Xurxo non cría nas lendas dos mouros. Son cousas de vellas!,
pensaba. Pero estaba seguro de que aquelas marcas nas pedras
do monte, custodiadas pola gran serpe, eran os sinais do mapa
do tesouro. Acotío porfiaba en que máis tarde que cedo o había
topar. Sabía que no solpor algo misterioso acontecía, que ese
era o mellor momento para descifrar os enigmas; pero de todas
cantas veces o intentou, nunca pasaba nada, ata que unha noite
os cantos da moura espertárono: eran as claves e as probas que
Xurxo debería superar. Conseguirao?

             

                                         

Ollade as fotos na GALERÍA