PRESENTACIÓN CEIP SOUTELO DE MONTES
Nos últimos anos o noso centro sufriu unha serie de cambios que van dende as melloras no edificio, mobiliario, equipación... ata unha nova liña metodolóxica de ensinanza que aposta pola innovación.
Na seguinte presentación tentamos sintetizar algún dos aspectos principais que conforman a nosa identidade.
CONVIDÁMOSVOS A PREMER NA IMAXE E COÑECER O NOSO CENTRO EDUCATIVO:
ADMISIÓN ALUMNADO 2024-2025
Comezo do proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2024/2025.
Instrucións:
Só se pode presentar 1 solicitude de admisión que irá dirixida á dirección do centro que elixiron como primeira opción.
Forma de presentación das solicitudes:
· A través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
· Descargando a solicitude da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
· Recollendo o formulario Anexo II e Anexo II-bis (modelo ED550B) gratuitamente no centro educativo e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.
Enlaces de interese:
· Modelo solicitude ED550B (galego)
· Modelo solicitude ED550B (castelán)
Documentación a presentar coa solicitude:
Documento que acredite a idade do alumno/a ( DNI ou Libro de Familia e no seu caso copia e orixinal para o cotexo).
· No caso de alumnado xa escolarizado e polo tanto procedente doutro centro, terá que presentar certificado de matrícula do centro de procedencia.
· No caso de separación ou divorcio a solicitude deberá estar asinada polos dous proxenitores, agás casos de violencia de xénero ou perda da patria potestade, e deberán presentar o convenio regulador ou a resolución xudicial de divorcio ou separación.
· No caso de non autorizar a consulta dos datos de identidade á Consellería de Educación terán que entregar copia do DNI do pai e da nai do/a alumno/a.
Listaxe provisional de admitidos: 25 de abril
Listaxe definitiva de admitidos: 15 de maio
Formalización de matrícula: do 20 de xuño ao 1 de xullo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »