DELICIOSA MOUSSE DE QUEIXO E FROITOS VERMELLOS

Mirade que gran equipo facemos...

A semana pasada, xunto co noso chef Rubén estivemos aprendendo e axudándolle a elaborar a sobremesa para o xantar...

Foi unha deliciosa mousse de queixo con froitos vermellos...podemos asegurarvos que os comensais deixar non deixamos moito...por algo sería!!!

Moitas gracias rapaces!!!

FOTOS

MAGOSTO

Aquí vos deixamos este recopilatorio de fotos do día que celebramos o magosto. Agardamos que vos gusten!!

 

Programa de Estimulación da Linguaxe Oral

Nas pasadas sesións do Programa de Estimulación da Linguaxe en Educación Infantil, estivemos traballando o sopro, que é un dos aspectos básicos e necesarios para unha correcta articulación da linguaxe. Para exercitar este aspecto, sopramos pintura con palliñas sobre un mural negro, e cada un dos nenos/as pintaron o seu propio astronauta, a continuación deixamos unhas fotos para que vexades como o pasaron e cal foi o resultado do traballo, esperamos que vos guste...

 

VISITA Ó MUSEO DO MAR (VIGO)

Onte os nosos rapaces e rapazas de terceiro ciclo, así como, os compañeiros/as do mesmo ciclo de Forcarei fixeron unha saída e foron ó MUSEO DO MAR DE GALICIA.

Fixeron 2 obradoiros diferentes e cando chegaron dixeron que o pasaran xenial!!!!

Pinchade na imaxe para acceder á galería e ver as fotos.

 

Distribuir contido