Terceira parada na nosa viaxe arredor do Mundo!

Hoxe expuxemos os nosos traballos sobre o lugar que Willy Fog visita tras deixar atrás Exipto...este lugar é a INDIA. 

Os nosos pequenos tiveron una gran sorpresa... visitade o blogue da biblioteca para saber que foi o que pasou...

http://bibliosoutelo.xyz/ 

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!!!!

MOI FELIZ DÍA DO LIBRO A TOD@S!!!!

Onte no cole fixemos distintas actividades para conmemorar esta data e foi unha xornada chea de diversión e moitas lecturas!!!

Comezamos vendo uns vídeos sobre a vida e obra de Miguel de Cervantes e Saavedra.

Logo, levamos a cabo a actividade do apadriñamento lector.

 

Para rematar, colgamos as bolboretas tan fermosas que fixemos nos parauganimais que colocamos no corredor da biblio.

Mirade que ben lucen, ou que decides?

Na galería están máis fotos da xornada.

 

E AGORA...A ONDE IMOS?

Xa faltan poucos días para que fagamos a presentación do novo traballo sobre a volta ao mundo en 80 días....estade ben atentos que chegará cargado de sorpresas!!!

 

 

XUBILACIÓN DA PROFE MARI CARMEN

Aínda que vai con atraso, non queremos deixar de amosarvos como foi o día da despedida da nosa compañeira Mari Carmen.

Despois de estar toda unha vida adicada á educación e durante moitísimos anos ó alumnado do cole de Soutelo, quixemos facerlle unha bonita despedida na que ela e os seus alumnos/as  foron os grandes protagonistas!!!

Foi unha tarde moi intensa, chea de agasallos, música, cancións, detalles... pero sobre todo...moitas moitas emocións!!!

Moita sorte nesta nova etapa e xa sabes que...A TÚA ESENCIA QUEDA CON NÓS.

Como as imaxes valen máis que mil palabras... enlace.

Distribuir contido