Comedor

II XORNADAS GASTRONÓMICAS INTERCENTRO

Hoxe celebramos no cole as  II Xornadas Gastronómicas Intercentro grazas a colaboración do noso cociñeiro Rubén e Damian, o cociñeiro do cole de Cerdedo. 

 

Nesta ocasión a xornada adicouse a Rusia e sorprendéronnos cun rico menú que consistiu en:

  • ENSALADA OLIVIER
  • SOLOMILLO STROGENOFF
  • BLINIS DOCES

Rubén acudiu ao centro de Cerdedo para colaborar con Damian e o alumnado e preparar o xantar.

Unha delicia!!!!Moitas gracias

FOTOS

 

MENÚS DE NOVEMBRO E DECEMBRO

No documento adxunto podedes ver ou descargar os menús do comedor para os próximos meses.

COCIÑANDO CROQUETAS DE MEXILLÓN E PEMENTOS DE ARNOIA

A semana pasada os nosos rapaces e rapazas de 5º e 6º volveron a convertirse en grandes chefs ao lado do noso gran chef Rubén. Nesta ocasión tiveron a oportunidade de aprender a facer croquetas de mexillón e pementos de Arnoia.

Os que tivemos a oportunidade de degustalas podemos decirvos que estaban...de vicio!

Moitos parabéns polo traballo!!!

 

Distribuir contido