EXCURSIÓN DE 6º DE PRIMARIA A SALOU

A semana pasada as nosas alumnas de 6º de primaria emprendían unha viaxe que de seguro nunca esquecerán rumbo a Salou e arredores.

Como compañeiros e compañeiras de viaxe ía o alumnado de 6º de Primaria do CEIP Nosa Señora das Dores.

Moitas grazas aos mestres que os acompañaron: Manolo, Toño e Javier.

Todas as cousas que nos contaron... e as que non tamén, quedarán para sempre nos seus recordos e nos seus coranzonciños.

O que podemos compartir con todos vós son as fotos que nos trouxeron.

 

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019

Para celebrar o Día das Letras Galegas 2019, decidimos seguir o exemplo de Antón Fraguas, escritor homenaxeado este ano.

Antón era un gran defensor das tradicións e costumes das aldeas e pequenas vilas. Un dos temas sobre os que escribiu foron as Romarías, así que, nós despois de informarnos sobre a súa vida e traballo decidimos seguir o seu exemplo e falar das romarías do noso concello. Ao mesmo tempo o alumnado de 4º de primaria do CPI Atios de Valdoviño axudounos investigando sobre as romarías da súa zona.

Deste xeito decimos compartir a información a través dunha plataforma que nos fose doada de empregar para que os nenos e nenas puidesen traballar de xeito autónomo.

A plataforma empregada é PADLET e a nosa tarefa chámase:

"ROMARÍAS DO MAR E DO INTERIOR"

 

 

Hecho con Padlet
MOITAS GRAZAS AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DO CPI ATIOS DE VALDOVIÑO, ASÍ COMO Á SÚA MESTRA.
FOI UN AUTÉNTICO PLACER TRABALLAR CON VÓS E DESEXAMOS QUE DE CARA AO VINDEIRO CURSO TEÑAMOS A OPORTUNIDADE DE PODER COLABORAR OUTRA VEZ.
 

XOGADE: SOUTELO- CAMPO LAMEIRO

O 30 de abril tivemos unha visita: OS NENOS E NENAS DO CEIP Pedro Antonio Cerviño de Campo Lameiro.

Compartimos un día fantástico con eles no que nos divertimos, competimos e practicamos deporte.

AQUÍ QUEDAN UNHAS IMAXES PARA O RECORDO!!!

 

DÍA DO LIBRO 2019: POESÍA OCEÁNICA

Como xa sabedes, este curso vivimos mergullados nos mares e océanos. Así que, con motivo do día do libro, decidimos escribirlle unhas rimas ben fermosas a estes mares e océanos que cada vez coñecemos e queremos máis.

INFANTIL: océanos

             

1º/2º PRIMARIA: peixes

               

3º/4º PRIMARIA: naufraxios

5º/6º PRIMARIA: romarías.

                                      

E logo, todos a mergullarse nas augas do noso Océano máis poético:

 

Distribuir contido