AXUDAS PARA O ALUMNADO BENEFICIARIO DE BOLSAS DE COMEDOR
ORDE do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (código de procedemento ED601B).
Aquí tedes un enlece á orde publicada hoxe no DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200330/AnuncioG0534-270320-0001_gl.html
Aquelas familias que queiran solicitar esta axuda e non o fagan elas dende as súas casas, poden enviar os datos ao correo do colexio:
ceip.soutelo.montes@edu.xunta.es
QUEDA NA CASA
Nestes momentos, todo o claustro do CEIP Soutelo de Montes, quere mandar a toda a Comunidade Educativa unha FORTE APERTA e moito ÁNIMO.
Os mestres xa se puxeron en contacto coas familias por diversas canles para organizar o traballo do alumnado no seu domicilio. Seguimos a traballar para ofrecer unha mellor comunicación e atención ás familias e xa vos iremos informando na vindeira semana.
Agradecemos a vosa colaboración e desexamos poder voltar ao centro o antes posible. Mentres agardamos ese momento...
QUEDEMOS NA CASA, POR FAVOR!!!
AMPLIACIÓN DO PERÍODO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN
Segundo as instrucións provisionais do 13 de marzo de
2020 amplíase, provisionalmente, o prazo de presentación
telemática e presencial das solicitudes de admisión
que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.
REANUDACIÓN DA LABOR ADMINISTRATIVA DO CENTRO
A PARTIRES DO LUNS DÍA 11 DE MAIO,
O CENTRO REANUDA A SÚA LABOR
ADMINISTRATIVA EN HORARIO DE MAÑÁN.
RECOMÉNDASE SOLICITAR CITA TELEFÓNICA (886151237)
IMPORTANTE:
ACUDIR PRESENCIALMENTE SÓ PARA TRÁMITES QUE
NON SE POIDAN RESOLVER TELEMATICAMENTE.
OBRIGATORIO CUMPLIR COA DISTANCIA DE SEGURIDADE.
SÓ SE ATENDERÁ UNHA PERSOA POR TRÁMITE.
PARA INFORMACIÓN OU CONSULTAS SERÁN ATENDIDOS NO CORREO DO CENTRO:
ceip.soutelo.montes@edu.xunta.es
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- …
- seguinte ›
- última »