5 de xuño: DÍA DO MEDIOAMBIENTE

Esta actividade foi planificada pola Anpa do centro e contou coa colaboración do Concello de Forcarei, xa que o seu concelleiro Roberto Jorge, foi o encargado de levala a cabo.

 

 

CLAUSURA DE XOGADE CURSO 2023-2024

O venres 31 de maio desprazámonos a Pontecaldelas para participar no acto de clausura de Xogade. Alí recollimos as nosas medallas e trofeos con moita alegría, desfrutamos dunha xornada de convivencia, e como broche final, bailamos unha muiñeira.

Así despedimos O XOGADE do curso 2023-2024 no que puidemos desfrutar como sempre do deporte, e todo o que este conleva: esforzo, ilusión, satisfacción, saúde, convivencia, valores...

 

MIRADE QUE DÍA TAN MARABILLOSO!

PREMEDE NA IMAXE 

 

MENÚ XUÑO

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Curso 2024/2025

Prazo de solicitude: do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos

Texto da convocatoria: ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)

Procedemento administrativo: ED330B


Forma de presentación de solicitudes:

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica (prema aquí)

IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

  • Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presénteos no centro educativo (prema aquí)
  • Presencial manualcubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

Máis información:

Distribuir contido