8 de marzo: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Con motivo do día da muller traballadora, entre o alumnado de 3º,4º,5º e 6º do Ceip Nosa Señora das Dores e o alumnado do noso centro creamos un Padlet para xogar a QUEN É A PIONEIRA?

É un xogo parecido ao: "Quen é quen?", pero con mulleres Pioneiras de Galicia. Os debuxos e a información recollida nas fichas enlazadas as imaxes foi elaborada polo alumnado dos dous centros, baseándose nos dous  libros da Editorial Xerais:

"Pioneiras galegas que abriron camiño" 

 e "Pioneiras 2"

A finais do trimestre xogaremos entre os dous centros por videoconferencia.

Por se alguén máis se anima a xogar as instrucións están escritas no Padlet que vos mostramos a continuación:

 

Hecho con Padlet

BRAVO POR ESTAS 23 MULLERES PIONEIRAS!!!

Ademais deste xogo, nesta mesma semana do 8 ao 12 de marzo, tivemos unha visita moi especial que queremos agradecer tanto ao Concello de Forcarei como a Basilisa Fiestras.

O concello de Forcarei decidiu facer unha homenaxe ás mulleres do seu concello, e para iso, encargou á artista forcareicense un mural que poderedes ver a continuación e que está nas paredes do pavillón municipal Paco Rubio. Esta obra  pon de manifesto o papel da muller na historia e na cultura do noso concello.

Se queredes saber máis sobre a historia deste mural, as mulleres que están representadas, ou algunha outra curiosidade, deixámosvos un enlace á páxina do Concello, para que vos informedes.

ENLACE MULLERES DE FORCAREI

 

No colexio tivemos a gran oportunidade de recibir a Basilisa Fiestras, que nos contou a historia dalgunha destas mulleres e algún segredo sobre a simboloxía do  mural. 

 

 

Aproveitando a súa presenza, tamén nos puxo en coñecemento doutras obras súas. Algunhas das que máis gustaron ao noso alumnado foron as esculturas e un vestido feito con lambonadas:

 

MOITÍSIMAS GRAZAS, BASILISA, FOI UN PRACER COÑECER A UNHA ARTISTA DO NOSO CONCELLO!!!

ESPERAMOS QUE VOLTES AXIÑA POLO NOSO COLEXIO!!!

PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2021-2022

Inicio do PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN do  alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022.

 

O prazo de presentación de solicitudes de admisión será do

1 ao 22 de marzo.

Para calquera información ou dúbida poden chamar ao centro en horario de 10:00 a 16.30 h.

 

No seguinte enlace teñen o manual para crear a solicitude de admisións de xeito telemático.
Para crear a solicitude terán que acceder a seguinte dirección:

Tamén se pode crear a solicitude en papel entregándoa no centro educativo:

(Poden recoller a solicitude no centro, solicitando que lla enviemos por algún irmán ou irmá, se é o caso, ou descargala desde aquí)

SOLICITUDE EN CASTELÁN

SOLICITUDE EN GALEGO

Nos documentos adxuntos, poden descargar o modelo normalizado de solicitude de admisión, tanto en galego (ED550B-G) como en castelán (ED550B-C), que deberán presentar as familias no centro educativo entre os día 1 e 22 de marzo, ambos inclusives. Recordade que no caso de ser posible deberán firmar os dous proxenitores.

 RESUMO DE  CALENDARIO PARA A TRAMITACIÓN DA ADMISIÓN E MATRÍCULA.

     • Presentación da solicitude de admisión: 1 ao 22 de marzo.

    • Presentación  da  documentación  acreditativa  dos  criterios  de  baremo,  en  caso  de que sexa necesario: 23 de marzo -3 de abril.

    • Publicación  das  listaxes  provisionais  de  persoas  admitidas  e  non  admitidas: antes do 25 de abril. Haberá 5 días para reclamacións

    • Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio. Hai un mes para interpoñer recurso no caso de disconformidade.

    • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.

VACANTES PARA O CURSO 2021-2022

 

 

ENTROIDO 2021

 A temática escollida este ano para a celebración do Entroido consiste en facer unha análise detallada de 4 disfraces típicos galegos (un de cada provincia e explicado un por cada aula):

 

EDUCACIÓN INFANTIL: O OSO DE SALCEDO (Pobra de Brollóns, en Lugo)

AULA DE 1º e 2º de PRIMARIA: OS BOTEIROS DE VIANA DO BOLO (Ourense)

AULA DE 3º e 4º de PRIMARIA: AS MADAMAS DE COBRES(Vilaboa, Pontevedra)

AULA DE 5º e 6º de PRIMARIA: OS XENERAIS DO ULLA (Comarca do Ulla, A Coruña)

 

A análise será artística: recreación do disfraz.

Literaria: explicacións descritivas e recitado de coplas. 

 

Aquí vos deixamos unha presentación con información e vídeos onde o noso alumnado explica con toda claridade os aspectos máis destacados destes tradicionais Entroidos.

 

 (Agradecementos á Asociación "Vello dos Cornos" de Merza, Viladecruces pola súa colaboración no disfraz do Xeneral do Ulla)

Ademais deixámosvos un vídeo onde recollemos as imaxes do alumnado que nos mandou as súas fotos disfrazados na súa casa este Entroido: Ademais deixámosvos un vídeo onde recollemos as imaxes do alumnado que nos mandou as súas fotos disfrazados na súa casa este Entroido:

 

Ademais deixámosvos un vídeo onde recollemos as imaxes do alumnado que nos mandou as súas fotos disfrazados na súa casa este Entroido:

 

MOITAS GRAZAS A TODO O ALUMNADO E PROFESORADO POR COMPARTIR AS SÚAS FOTOS CON NÓS

NADAL 2020

Este Nadal foi un pouquiño diferente. Como todos sabemos non puidemos celebrar o tradicional festival navideño xunto coas nosas familias, pero eso non nos impediu ter unha xornada chea de música, contos, bailes...

Este ano grazas á aula de 5º e 6º de Primaria desfrutamos todos e todas posando nun precioso photocall navideño que eles deseñaron para todo o cole.

E por último...recibimos a Papá Noel, cargadiño de AGASALLOS!!!

Aquí tedes un vídeo onde podedes ver o ben que o pasamos ese día.

 

 

 

 

Distribuir contido