DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

Este é un gran traballo feito polo alumnado do CEIP Soutelo de Montes e polo alumnado do CPI Atios de Valdoviño.

Na seguinte presentación, primeiro, veredes unha parte de documentación sobre dous aspectos: AS REGUEIFAS e a escritora XELA ARIAS (autora homenaxeada este ano 2021 no día das Letras Galegas)

Nesta documentación e actividades baseáronse os alumnos e alumnas para logo regueifar sobre a vida e obra de Xela Arias, conseguendo así un doble obxectivo que é: acercarnos a esta marabillosa tradición oral da cultura galega (as regueifas), e coñecer a esta autora innovadora e trangresora. Na parte final da presentación poderedes ver os vídeos das regueifas compostas e cantadas polo alumnado e mesmo tamén por algunhas mestras.

Non perdades a oportunidade de apreciar un traballo tan completo e ao mesmo tempo divertidísimo. Estamos seguros de que a moitos dos alumnos e alumnas lles van quedar as regueifas e a obra de Xela Arias nun recantiño dos seus corazóns, que é onde os coñecementos perduran para sempre.

PARABÉNS AO ALUMNADO DOS DOUS CENTROS EDUCATIVOS!!!

 

DÍA DO LIBRO

Estade atentos que imos publicar proximamente  o traballo do día do libro.

Aí vai unha pista: trátase do segundo  libro máis traducido do mundo, e é español. A mesmísima Xela Arias traduciuno ao galego.

ADIVIÑA...ADIVIÑANZA...

A aula de Educación Infantil compuxo e realizou o cartel de presentación deste día.

A aula de 1º e 2º de Primaria achegounos unha versión propia de "D. Quixote".

A aula de 3º e 4º fixo o mesmo co autor da obra: "Miguel de Cervantes".

"Na semana do Día do libro o alumnado de 5° e 6° leu unha versión adaptada do Quixote. Íanse turnando para ler en alto e os demais seguían con atención aos seus compañeiros para poder contestar preguntas relacionadas coa lectura. Gustoulles tanto que están desexando ler a segunda parte".

Ao rematar esta parte do traballo de acercamento ao Quixote,  o alumnado maior do cole fixo unha tradución ao galego desta versión da obra e unha posterior lectura aos compañeiros, achegando así ao alumnado a unha parte do traballo de tradución que a mesmísima Xela Arias fixera coa obra orixinal.

 

MIRADE ESTE VÍDEO ONDE SE PODE APRECIAR O TRABALLO DE CADA AULA: 

DÍA DA PAZ

Nos próximos días publicaremos a actividade proposta polo día da Paz.

Este curso fixémola no 3º trimestre, xa que no 2º estabamos a metade do cole na casa confinados, e non tiña sentido facelo.

De todos os xeitos...LEMBRADE: A PAZ TEN QUE SER TODOS OS DÍAS.

 

Aquí está xa o traballo que realizamos. No vídeo, ademais de imaxes, hai unha explicación de como se levou a cabo esta tarefa interdisciplinar, na que a partires de diferentes ilustracións de lugares ou situacións,  analizamos  as emocións coa axuda da creatividade e da estatística:

FONDO SOLIDATIO LIBROS DE TEXTO 2021/22

 

Instrucións  para participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/2022.

 

 

 

 

PREMER NO ENLACE PARA CONSULTAR INFORMACIÓN

Distribuir contido