Axudas libros de texto e material escolar curso 22/23

CONVOCATORIA FONDO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 22-23

FONDO SOLIDARIO, AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR- CURSO 2022/2023

Normativa de referencia: ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación do fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundarias obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023 (código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia do 18 de maio de 2022). 

1.-PERSOAS BENEFICIARIAS

  • Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. En 3º e 5º de EP permitirase a substitución dos libros para adaptarse aos novos currículos. En 4º e 6º de EP manteranse os libros de texto do curso 2021/2022.
  • Axudas libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.
  •  Material Escolar: alumnado matriculado en 1º, 2º, 3º, 4º, 5º, e 6º Educación Primaria.

2.-PRAZO

  • Dende o 19 de maio ata o 22 de xuño (ambos inclusive)

3.- SOLICITUDES E MODO DE PRESENTACIÓN

  • Presentación presencial no centro educativo.
  • Presentación a través da aplicación fondolibros ou da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Echave 365 

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

 https://sede.xunta.gal/portada

4.- A TER EN CONTA

  • Recomendamos que participedes todas as familias, xa que hai en niveis que dispoñemos de excedentes. 
  • O alumnado de 6º de Educación Primaria deberá solicitar estas axudas no IES Chano Piñeiro
  • O resumo do fondo e das axudas é o seguinte: 

Renda per cápita familiar **

 

<6.000€

 

>6.000€ e <10.000€

< 6.000€

 

Cursos

Libros de texto

Material

1º e 2º EP

210€

 

140€

 

1º, 2º EP

50€ 

3º, 4º EP

Fondo: 6 libros

Fondo: 4 libros

1º, 2º, 3º, 4º, 5º, e 6º EP

50€

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR: Renda per cápita da unidade familiar: renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2020 dividido entre o número de membros computables. - A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Na declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2020, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados, no certificado de imputacións de renda, pola Axencia Estatal de Administración Tributaria. CASILLA 435+460 (Renda 2020)

 Membros computables - Computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez ou a equivalente de clases pasivas. - As persoas que non residiran en España no ano 2020 deberán acreditar os seus ingresos no país de orixe mediante nóminas, xustificantes de pensión, xustificantes de rendementos bancarios ou calquera outro documento acreditativo. No caso de carecer desta documentación ou se non obtiveran ingresos deberán presentar unha declaración responsable dos ingresos da unidade familiar. *Terán esta consideración os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado; os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados; os /as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada; os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar; a persoa proxenitora separada legalmente ou divorciada, cando haxa custodia compartida; a persoa que, por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado

 

Distribuir contido