BAILE TRADICIONAL POLAS LETRAS GALEGAS.

Coincidindo coa celebración das Letras Galegas levouse a cabo, dende a área de educación física, a aprendizaxe dun baile galego. Neste caso a canción que interpretaron é a muiñeira de Chantada. 

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!

 

CHARLA DA GARDA CIVIL

A semana pasada a Garda Civil visitou a nosa clase de 5º e 6º de primaria para falarnos de que é o acoso escolar, como detectalo e como solucionalo. Faláronnos tamén dos riscos de internet e do ciber acoso. Mostráronnos vídeos moi interesantes para que estemos alerta, nos protexamos uns aos outros e melloremos a convivencia escolar seguindo tres normas básicas de IGUALDADE, RESPECTO E EMPATÍA. 

 


LETRAS GALEGAS: 17 de maio do 2023

on motivo da celebración das Letras Galegas, coñecimos a vida e obra do autor homenaxeado este ano 2023: FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. 

Nesta tarefa o alumnado para coñecer a este autor tivo que convérterse en artista e deseñar unha caricatura, logo coas dúas premiadas confeccionamos marcapáxinas que repartimos polo pobo. Os máis maiores do centro tiveron que programar e traballar coa robótica para acceder a diversa información sobre a vida e obra do autor.

Temos que agradecer a Francisco Fernández del Riego todo o amor e traballo que realizou en prol de Galicia.

AQUÍ VAI A NOSA HUMILDE HOMENAXE 

 

<

Fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar

Segundo a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024

Prazo de participación dende o 20 de maio ata o 21 de xuño (ambos incluídos)

Xestión de solicitudes:

      Presencialmente no centro utilice os Anexos I e II da convocatoria.

      Pode descargalos premendo no seguinte enlace:  ANEXO I   e    ANEXO II

      Para presentación na SEDE ELECTRÓNICA: prema aquí

Manual de usuario

Preguntas frecuentes

Distribuir contido