SAÍDA LÚDICO-DIDÁCTICA FIN DE CURSO AO GROVE
O luns día 19 de xuño o alumnado e profesorado do CEIP Soutelo de Montes desprazouse á península do Grove para realizar unha visita lúdico-didáctica onde realizamos unha serie de actividades nas que aprendimos moito, pero tamén o pasamos xenial!!
Entre as actividades máis destacadas da xornada estiveron:
Visita ao Acuario do Grove
Paseo en tren turístico polo Grove (incluída á illa da Toxa)
Paseo en barco pola ría.
Aquí vos deixamos un vídeo testemuña deste GRAN DÍA!!
DESAFÍO SAUDABLE 2022 - 2023
A meirande parte do noso alumnado de primaria superou o 'Desafío Saudable' no curso 2022-2023. Grazas pola vosa participación e por contribuír a unha dieta saudable consumindo fruta nos recreos.
Noraboa a todos e todas!!
II CONCURSO DE CARTEIS ORGANIZADO POLA COMISIÓN DE FESTAS DE CACHAFEIRO
Este ano participamos no II Concurso de Carteis organizado pola Comisión de Festas do Cachafeiro - Freixeira.
O debuxo gañador será portada do libro da Comisión de Festas deste ano.
Concederon 3 distincións e no noso centro recaeu o 3º premio. PARABÉNS a Martina Couceiro Constenla polo seu debuxo.
Deixámosvos un enlace onde podedes ver os tres traballos gañadores e os seus diplomas.
Lembramos que todos os debuxos serán expostos polas árbores da carballeira o día 1 de xullo.
https://www.instagram.com/p/CtHGkBLN96x/?igshid=MTc4MmM1YmI2Ng==
CLAUSURA DA ACTIVIDADE DEPORTIVA ESCOLAR DO CURSO 2022 - 2023
Este venres 2 de xuño levouse a a cabo a clausura da actividade deportiva escolar formando parte do programa XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar).
A clausura tivo lugar no circuito de karting de A Madalena, en Forcarei. Alí desprazáronse os centros escolares que participaron nas múltiples actividades ao longo do curso.
A xornada comezou coa entrega de medallas individuais e posteriormente levouse a cabo a entrega de trofeos por cursos. Máis tarde subiron ao podio aqueles alumnos e alumnas clasificados en primero, segundo e terceiro lugar de cada actividade.
Para rematar a xornada desfrutamos dunha actividade de baile e posterior merenda saudable.
Grazas a todas e todos pola vosa participación!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- …
- seguinte ›
- última »