Complementarias

TEMOS PREMIO!!!

HOXE ESTAMOS DE NORABOA!!!

Como xa todos sabedes, o ano pasado clausuramos un plan de Formación Intercentros que comezara no curso 2014-2015.

Os tres centros participantes foron: o CEIP Nosa Señora das Dores (Forcarei) o CEIP de Soutelo de Montes (Soutelo de Montes- Forcarei) e o CEIP San Xoán Bautista (Cerdedo)

Presentamos o proxecto a un concurso: PREMIOS A PROXECTOS DE FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO.

E... atención....

TEMOS 2 PREMIOS:

1º-  Premio categoría A: Ex Aequo.

2º- Mención especial  Ex Aequo.

PARABÉNS AOS TRES COLEXIOS!!!

E, MOI ESPECIALMENTE A TODOS OS NENOS E NENAS, QUE FIXERON POSIBLE ESTE PREMIO.

Seguimos traballando en novos proxectos, con moita ilusión tras recibir a noticia hoxe pola mañá.

Dende o CEIP de Soutelo queremos agradecer unha vez máis  ao CFR de Pontevedra pola súa colaboración no proxecto e tamén ás familias do noso alumnado que se involucraron con nós o curso pasado e fixeron posible acadar tan bos resultados.

No adxunto e no seguinte enlace podedes ver a publicación do premio na páxina da Consellería de Educación.

RESOLUCIÓN DEFINITIVA

A prensa tamén informa da noticia:

ENLACE

Como xa coñecedes ben o noso traballo, ímosvos amosar o que fixeron os nosos compañeiros do CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei. Recomendámosvos esta curta que fala dun célebre veciño de Soutelo de Montes...

  

SAMAÍN 2018

 Este ano tivemos a sorte de contar coa axuda da profe Alba Vilariño, que estivo realizando o PRACTICUM III.

Alba deseñou e dirixiu esta pequena curta como produto final a unha UDI sobre o Universo e que ademais traballa as orixes do Samaín.

Estade atentos, aquí hai de todo:

planetas, astronautas, asteroides, satélites, estrelas, matemáticos, músicos, e...todos eles participan nunha complicada trama que os leva dende...

O UNIVERSO

ATA O SAMAÍN

DE SOUTELO DE MONTES

 

 

MOI BEN NENOS E NENAS, QUEDOUNOS

 

CLARÍÍSIMO!!!

 

MOITAS GRAZAS POR TODO, PROFE ALBA!!!

PASÁMOLO XENIAL, TRABALLAMOS E

APRENDIMOS MOITÍÍÍÍÍSIMO!!!

 

BOTARÉMOSTE MOITO DE MENOS, VOLVE

PRONTO E MOITÍSIMA SORTE!!!

 

SAMAÍN 2018

O venres día 2 de novembro celebramos o Samaín no cole.

Os disfraces eran TERRORÍÍÍÍÍFICOS!!!!

As cabazas que decoraron coa axuda das familias, seguen a sorprendernos. Hainas de todos os tipos e tamaños, algunhas desprenden terror puro e outras tenrura e mimo. Este ano triunfaron os efectos luminosos.

PARABÉNS, UN ANO MÁIS POR TANTA CREATIVIDADE!!!

Ao final do día como premio a tan bo traballo os profes Manolo e Miguel repartiron agasallos en envases típicos de.... Samaín!!!

BOTADE UNHA OLLADA 

 

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2018

O venres día 26 de outubro celebramos o día das bibliotecas escolares.

Como non podía ser doutro xeito fixémolo na nosa biblioteca.

A nosa mascota Ratoteca é un pouco trasno e escondeu os carnés dos nenos.

Para poder atopalos tiveron que seguir unhas pistas, fixeron equipos e..... CONSEGUIRON ATOPAR TODOS OS CARNÉS!!!

e ademais con este xogo os nenos e nenas coñeceron un pouco máis a nosa biblioteca, as novas seccións, libros especiais.....

 

 

Despois de tanta búsqueda, relaxámonos un pouco con outro xogo.

Este ano o día das bibliotecas estaba relacionado coa poesía

 

 

 Así que convertímonos en poetas por un día e compuxemos un pequeno poema sobre a nosa biblioteca.

pero.... sabedes o que fixo Ratoteca? Debía ter fame e como lle encantan as rimas, comeu todas as palabras que rimaban!!!!

 

e, cada clase compuxo unha estrofa para  salvar o noso poema!!!!

MIRADE QUE BONITO!!!!

 

Como nos demos conta de que debemos manter a nosa biblioteca ordenada, este ano decoramos e construimos uns marcalibros para saber onde temos que colocar o libro que imos devolver. A profe Uxía explicounos onde os tiñamos que gardar ben ordeadiños.

QUEDARON MOI CHULOS!!!

 

E... para rematar entregamos a máis viaxeira de todas:

A MOCHILA VIAXEIRA!!!

 

 

FOI UN DÍA MOI DIVERTIDO NO QUE ADEMAIS DESCUBRIMOS COUSAS NOVAS SOBRE A NOSA BIBLIOTECA.

RATOTECA TAMÉN O PASOU MOI BEN COAS SÚAS TRASNADAS!!!

Distribuir contido