24 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Enviado por Anónimo o Sáb, 02/23/2013 - 23:38O 24 de febreiro de 1837 nacía a nosa máis recoñecida escritora, a grande Rosalía de Castro.
Este día está recollido oficialmente como DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.
Este ano cúmprese o 175 aniversario.
Dende aquí e como agasallo para ela, un vídeo dos Gaiteiros de Soutelo tocando a Alborada "Rosalía de Castro" e dous vídeos máis de algúns dos seus poemas.
CONTACONTOS CON RAQUEL QUEIZÁS
Enviado por Anónimo o Sáb, 02/23/2013 - 23:17O martes tivemos unha visitiña moi especial no colexio...a de RAQUEL QUEIZÁS.
Foi por xentileza da editorial Vicens Vives, e como non...foi unha delicia!!!
En dous grupos, primeiro o alumnado de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º e logo, sobre as 12:30 o resto do alumnado,estivemos gozando unha vez máis cos seus contos.
Moitas gracias. Aquí vos deixamos unha presentación coas fotos....
CANTANDO E BAILANDO CON SUSA HERRERA
Enviado por Anónimo o Mér, 02/20/2013 - 17:14O luns 18 de febreiro tivemos a gran sorte de ter na escola a Susa Herrera.
Veu a presentarnos o seu último libro-CD "En Cabárceno se oye cantar". Este traballo está adicado aos animais deste parque natural de Cantabria.
A verdade e que pasamos un momento máxico e descubrimos como os contos tamén se poden cantar e bailar...foi máis que divertida a sesión!
Moitas gracias Susa e oxalá volvas pronto a vernos!
Estas son algunhas fotos, se ides a galería atoparedes máis.
LIBRO DAS FRASES POLA PAZ
Enviado por Anónimo o Mar, 02/19/2013 - 10:26Como o prometido é deuda aquí vos deixamos o libro elaborado polo alumnado do 2º ciclo de primaria:
FRASES POLA PAZ
Está dispoñible na biblioteca do centro para aqueles/as que o queirades ollar.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 116
- 117
- 118
- 119
- 120
- 121
- 122
- 123
- 124
- …
- seguinte ›
- última »