FESTA FIN DE CURSO

O día 20 tamén estivemos de festa no colexio.... e foi para despedir o curso...

Estiveron con nós uns monitores cos que fixemos un montón de xogos e logo desfrutamos nos hinchables...

 

 

 

Tamén tivemos sesión de baile...

E unha exhibición de ximnasia rítmica...

Para rematar, a ANPA convidou a tódalas familias que se achegaron ata o colexio a uns pinchos...

Pinchade no enlace para ver máis fotos.

FESTA DO DEPORTE

Un ano máis, despois de estar competindo todo o curso nas distintas actividades do programa de Deporte Escolar, tivemos a entrega de medallas e trofeos. Nesta ocasión celebrouse no pavillón de Tenorio.

Se pinchades no seguinte enlace, podedes ver as fotos.

EXCURSIÓN AO PARQUE NATURAL DO RÍO BAROSA

O día 18 de xuño, fómonos de excursión de fin de curso.

Este ano escollemos como destino o Parque Natural do Río Barosa, no concello de Barro para pasar un estupendo día de convivencia todos/as xuntos/as.

 

 

Pola mañá estivemos acompañados por monitores/as que nos ensinaron este paraxe tan fermoso e nos explicaron o funcionamento dos muiños.

 

Tamén fixemos un divertido taller de elaboración de pan, doces, pizzas...

 

Pola tarde, estivemos en Caldas de Reis na fervenza de Segade.

 

Xa para merendar fomos ata San Antoniño e alí tamén xogamos no parque e demos un paseiño polos arredores.

 

 

17 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O Día das Letras Galegas do ano 2013 está adicado a ROBERTO VIDAL BOLAÑO.

 


"Roberto Vidal Bolaño,  un dos promotores do teatro profesional en Galicia.

Foi un activo defensor da normalización lingüística na escena galega.

Integrante do Grupo Abrente, participou na fundación de varios grupos de teatro, participando neles como autor, director, actor, escenógrafo...sendo recoñecido o seu labor con numerosos premios literarios"

Texto elaborado polo Seminario Galán.


A continuación podedes ollar o telexornal que elaboraron os mozos e mozas do CPI dos Dice-Rois:

 


Ratoteca preparou un programa de actividades para realizar o día 16 a partir das 12:00

                  


Aquí vos deixamos unhas fotos das actividades que se fixeron. Para velas todas pinchade no enlace.

 

POR QUE SE CELEBRAN AS LETRAS GALEGAS?


VIDA E OBRA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO:

 


REPRESENTACIÓN DE TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL:

 

 

 

PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES:



Distribuir contido