FESTIVAL DE NADAL 2013

O día 19 de decembro celebramos o Festival de Nadal. Comezamos ás 11:45 e pensamos que foi todo un éxito...

Ollade un pequeno resumo...

 

EDUCACIÓN INFANTIL

Panxoliña: El niño Jesús      Coreografía: Esta mano quiere jugar

 

PRIMEIRO CICLO

Coreografía: La granja de Juanito  Panxoliñá: Alá por un camiño

 

SEXTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Instrumental: Miña terra galega  Orquestra de frautas: Himno á alegría

SEGUNDO CICLO

Coreografía: Tres pastelitos   Voces-Instrumental :Yellow submarine

 

QUINTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Coreografía e voces: Los calzoncillos de Papá Noel   Instrumental: Danza de San Lucas

 

TEATRO: A CONSULTA DO DOUTOR (6º de E.P.)

 ACTUACIÓN DO PERSOAL E PROFES DO CENTRO: Los gitanillos

 

Podedes ver outras fotos na galería

 

SAÍDA DO 1º CICLO: A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO

O día 26 de novembro tiveron unha saída os alumnos e alumnas do 1º ciclo.

Disfrutaron do espectáculo musical que leva por título: A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO.

 


 

Nesta ocasión a nena e o grilo viviron unha historia coa que continuaron descubrindo o mundo.

Foron pasando por singulares aventuras que inciden directamente en temáticas como a solidariedade, o respecto pola natureza, a identidade e o desenvolvemento do universo afectivo.

Foi moi divertido!!! 


O MAGOSTO

O xoves, 14 de novembro estivemos de festa celebrando o MAGOSTO.

A última hora da mañá, mentras  Miguel e Rufino estiveron preparando un bo lume para asar as castañas

o resto de profes estivemos preparando todo para realizar o xogo das pistas.

Formáronse catro equipos e todos loitaron por ser os primeiros en atopar as castañas escondidas.


Xa pola tarde pasámolo xenial cuns reñidos partidos de brilé...

 

 

Podedes ver as fotos na galería.

SAMAÍN

Este curso tivemos un SAMAÍN moi divertido.

Parabéns para todos/as pola colaboración no concurso de cabazas! Menudos artistas temos en Soutelo..

 


 

 

A verdade e que estivo DIFICILÍSIMO o concurso!!!!!

Tamén veu a visitarnos o  COMEMEDOS... si si e como somos tan valentes todos preparamos os nosos medos e démosllos a comer.


 

E a hora de comer...ummmm o que nos estaba esperando...unha sobremesa de medo!!!!

Grazas a Rubén, o noso cociñeiro e a colaboración especial que tivo dos compañeiros e compañeiras do 1º e 2º ciclo, degustamos estas arañas tan deliciosas!!!


 

Podedes ver algunhas fotos na galería e en breve poñeremos máis.



Distribuir contido