Educación física

MODIFICACIÓN DA PROGRAMACIÓN PARA O 3º TRIMESTRE PARA EDUCACIÓN FÍSICA

PREMEDE NO SEGUINTE ENLACE OU NO ADXUNTO PARA CONSULTAR A PROGRAMACIÓN

 

ENLACE

HABILIDADES DE LOITA EN VILA DE CRUCES

O pasado xoves os alumnos e alumnas de 4º acudiron a Vila de Cruces co obxectivo de desfrutar dunha mañá moi interesante grazas ao clube KELTOI, que lles preparou uns xogos moi interesantes de habilidades de loita, cos que o pasaron en grande e aprenderon moito, xunto cos seus compañeiros de Cerdedo e Forcarei.

Esta actividade está dentro do programa XOGADE.

Moitas grazas.

 

Deixamos algunhas fotos do día!!! Pinchade na imaxe para velas na galería

   

 

  

 

PRESENTACIÓN DO PROGRAMA XOGADE

Esta mañá estivo no colexio Daniel Benavides, o Xefe de Servicio Provincial de Deportes de Pontevedra, para presentar, dentro do programa de deporte escolar, a modalidade de Campo a través ou Cross, na comarca da Terra de Montes.

Será o próximo venres cando se reunirán no circuito da Magdalena os alumnos e alumnas, tanto de primaria como secundaria, dos centros da comarca para participar en dita actividade.

Distribuir contido