PEREGRINAXE POLA SENDA DO RÍO LÉREZ
Como xa sabedes,dende o curso 2014/2015 estase a levar a cabo un Plan de Formación Intercentros da comarca de Terra de Montes. Os tres centros participantes son: o CEIP Nosa Señora das Dores (Forcarei) o CEIP de Soutelo de Montes (Soutelo de Montes- Forcarei) e o CEIP San Xoán Bautista (Cerdedo). O obxectivo é acadar os coñecementos e destrezas necesarias para deseñar e aplicar as programacións LOMCE. Seguindo as directrices do novo curriculo cada centro deseñará unha tarefa integrada dentro dun marco común para os tres (a nosa comarca), aplicará dita tarefa e expoñeraa á comunidade educativa como broche final á formación recibida ao longo destes catro cursos. Na nosa tarefa priorizamos a investigación (lectura e comprensión) a expresión oral, o traballo en grupo, as aprendizaxes significativas, as Tics e as emocións.
A relación coas outras UDIS, é que cada centro deseñou a súa tarefa dentro do marco común que é a comarca, onde se traballaron todo tipo de aspectos: características sociais e naturais, patrimonio cultural e artístico, historia... O noso centro traballou a contorna natural( río,fauna e flora) e o patrimonio cultural e histórico ( muíños e pontes) tomando como centro de interese o río Lérez. A temporalización foi no 2º e 3º trimestre do curso 2017/2018.
A continuación ímosvos mostrando o noso traballo, paso a paso.
En primeiro lugar, o traballo de avaliación inicial, pescuda de información, así como de investigación e conclusións recollímolo nesta publicación:
Esta é unha maqueta interactiva xa que a través do escaneado dos códigos Qr proporciona información adicional. Dita información preséntase a través de vídeos explicativos. E esta vez os que explican non son os mestres senón o propio alumnado.
ESCOITADE, ESCOITADE CON MOITA ATENCIÓN!!!
E agora vén o mellor, nuns días publicaremos a película, estade atentos á peregrinaxe de Frei Bieito!!!
PODEREDES VELA NA BARRA LATERAL ESQUERDA DESTA PÁXINA!!!
Esperamos que vos guste!!!
Nós pasámolo moi ben con este proxecto, aprendimos moitas cousas e démonos conta de que vivimos nun concello fermosísimo, cheo de historia, tradición e natureza.!!!