Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Primaria

PLAN XOGADE EN CICLISMO PARA 3º E 4º PRIMARIA

O Plan Xogade é unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia que ten como obxectivo achegar ao alumnado a posibilidade de practicar e competir, en diferentes deportes, no ámbito escolar.

Os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria realizaron unha xincana, onde nun circuito tiñan que superar unha serie de obstáculos e probas nas súas bicicletas.

PRIMEIRO DÍA DE PISCINA

Dentro da materia de Educación Física, durante unha sesión semanal, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria poden ter clases de natación na Piscina Municipal de A Guarda.

É unha actividade desevolvida polo Concello de A Guarda para o alumnado de 3º ciclo que non se podía realizar dende fai dous anos.

 

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

25/04/2022 08:11
Europe/Madrid

 

Convocamos como cada ano o Concurso de Fotografía de Solanas.

Asociado co Proxecto de Biblioteca "O mundo máxico de Harry Potter", vos propoñemos crear un ANIMAL FANTÁSTICO (mascota, peluche, xoguetes,...), facer unha FOTO e enviala ó mail: solanas.concursos@gmail.com

Haberá un premio por aula.

O prazo é do 25 de Abril ata o 9 de Maio.


 

ANIMÁDEVOS!!! 

ANDAINA CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA: 4º, 5º e 6º primaria.

Actividade escolar proposta polo Concello de A Guarda "Percorremos A Guarda como peregrinos".

O punto de saída foi o embarcadoiro do Pasaxe e rematou na praia de Fedorento. 

Fixemos unha andaina guiada con breves paradas onde se explicaron referencias xacobeas presentes no percorrido, resolvendo dúbidas ou curiosidades que foron xurdindo.

Andaina de 5º e 6º de primaria:

Andaina 4º de educación primaria

 

MACEDONIA EN 1º PRIMARIA

O alumnado de 1º de educación primaria ten unha xornada moi divertida facendo unha apetitosa macedonia.

 

VISITA NA CLASE DE MÚSICA

David é músico e pai de dous alumnos do colexio; Brais e Martín.

Esta semana asistíu a varias sesións das clases de música para ensinar o seu instrumento: o trombón. Tamén trouxo a trompeta e tuba para acompañar a algúns nenos/as músicos do colexio.

Moitas grazas pola visita. Volta cando queirasRisa

 

 
 

St. Patrick´s week

Esta semana celebramos o día de San Patricio, o patrón de Irlanda. Os nenos e nenas coñeceron a través de manualidades e cancións os símbolos máis representativos desta festa. O alumnado de 1º e 2º de primaria fixeron unha careta do famoso elfo de San Patricio Risa

 

 

 

 

 

SEMANA DA PRENSA: do 7 ao 11 de marzo

O alumnado de 6º de educación primaria estivo traballando o xornal na Semana da Prensa.

Nas horas de lingua e lengua empregaron o xornal para traballar cos tempos verbais; procura de tempos verbais e creación dunha roda de verbos.

En ciencias fixeron o seu propio "Daily Prophet" que era o diario informativo ao servizo do Ministerio de Maxia en Harry Potter (actividade dentro do noso proxecto anual de centro da Biblioteca).

 

MAQUETAS METEOROLÓXICAS 5º PRIMARIA 2022

Unha estación meteorolóxica é unha instalación destinada a medir e rexitrar regularmenre diversas variables meteorolóxicas.

O alumnado de 5º primaria crearon as súas propias estacións;

 

DISECCIÓN DUN PEIXE. CIENCIAS NATURAIS

Unha das mellores formas de estudar a anatomía dun animal é facer unha disección.

Podemos facer o estudo cun dos animais que compramos no mercado para comer.

O alumnado fixo o estudo sinxelo dun peixe.

Grazas a Bárbara por vir a pasar a mañá con nós e axudarnos a abrir os peixes.

 

 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut