NOTA INFORMATIVA PROCEDEMENTO DE TRABALLO NO 3º TRIMESTRE
Segundo as instrucións publicadas pola Consellería de Educación, neste 3º trimestre as actividadesque faga o alumnado, en formato telemático, serán de repaso, reforzo, recuperación, e se fosenecesario, de ampliación de aprendizaxes anteriores (do 1º e 2º trimestre).
O alumnado partirá dun aprobado xeral pero cada un terá a súa nota dependendo do traballo que faga nas súas casas e envíe ao profesorado. Este traballo sempre será para mellorar.
Para axudar a conciliación familiar e a que o noso alumnado non teña sobrecarga de tarefas, o profesorado de Solanas tomará as seguintes medidas a partir do luns 27 de abril:
NOVO HORARIO ESCOLAR PARA INFANTIL E PRIMARIA.
ENVÍO DE TRABALLO
O día anterior pola tarde, cada profesor/a enviará o traballo do día seguinte para que as familias poídan organizarse.Adxuntamos medios que empregará o profesorado para enviar e recoller o traballo do alumnado.
Se vostedes teñen algunha dúbida ou consulta poden enviala ao correo do colexio: ceip.solanas@edu.xunta.es e o equipo directivo intentará axudalos.
ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020 - 2021
DO 11 AO 18 DE MAIO DE 2020
Dende o 11 de maio ata o 18 de maio permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o próximo curso 2020-2021. O calendario do procedemento de admisión e matricula está establecido na Orde do 12 de marzo de 2013.
PRAZO DE ADMISIÓN: do 11 ao 18 de maio
DIRIXIDO A:
Alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo.
Alumnado que quere cambiar de centro escolar, sempre que existan prazas dispoñibles.
Esta ferramenta posibilita aos proxenitores cubrir a solicitude na aplicación e presentala de forma presencial no centro ou por vía electrónica.
As familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento empregando o código que xera a aplicación ao cubrir a solicitude.
MODO PRESENCIAL
Acudir ao centro educativo, pedir en secretaría a solicitude, cubrila e nós a tramitamos.
- Publicación doas listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido antes do 9 de xuño.- Publicación doas listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido antes do26 de xuño.
Aquí vos deixamos as listaxes do Fondo de libros para @s nen@s de 3º a 6º de Ed. Primaria, para o curso 2018/2019. Premede en cada listaxe para acceder a ela.
*Lembrade que debedes esperar ata que publiquemos a listaxe definitiva antes de comprar ou encargar uns novos.