Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

C P Innova

CASIÑAS DE PAXAROS

Estamos a crear laboratorios vivos nos que os nosos alumnos/as poden desenvolver novas capacidades, partindo dos seus intereses e potenciando o traballo interdisciplinar.

Aquí tedes as nosas novas casiñas de páxaros na zona do patio sensorial. Esta actividade foi un traballo colaborativo entre diferentes clases:

 

 

 

DÍA SOBRE RODAS: 29 de abril

O alumnado e profesorado do colexio puido vir en bicicleta ou patinete neste día sobre rodas.

Os nenos e nenas de infantil e de 1º a 3º de primaria tiveron circuitos no pavillón, mentres que de 4º a 6º de primaria saíron a facer diferentes rutas.

 

FORMIGUEIROS. ECOSISTEMAS TERRESTRES

Estamos a crear laboratorios vivos nos que os nosos alumnos/as poden desenvolver novas capacidades, partindo dos seus intereses e potenciando o traballo interdisciplinar.

Aquí tedes os nosos primeiros formigueiros en primaria.

PLAN XOGADE EN CICLISMO PARA 3º E 4º PRIMARIA

O Plan Xogade é unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia que ten como obxectivo achegar ao alumnado a posibilidade de practicar e competir, en diferentes deportes, no ámbito escolar.

Os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria realizaron unha xincana, onde nun circuito tiñan que superar unha serie de obstáculos e probas nas súas bicicletas.

ANDAINA CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA: 4º, 5º e 6º primaria.

Actividade escolar proposta polo Concello de A Guarda "Percorremos A Guarda como peregrinos".

O punto de saída foi o embarcadoiro do Pasaxe e rematou na praia de Fedorento. 

Fixemos unha andaina guiada con breves paradas onde se explicaron referencias xacobeas presentes no percorrido, resolvendo dúbidas ou curiosidades que foron xurdindo.

Andaina de 5º e 6º de primaria:

Andaina 4º de educación primaria

 

COIDADO DA HORTA ESCOLAR POLO ALUMNADO DE 3 ANOS

Os nenos e nenas de 4º de educación infantil estiveron regando, limpando e plantando na nosa horta escolar. Fixeron moi bo traballo.

DÍA DA POESÍA E DÍA DA ÁRBORE: 22 de marzo

Para festexar este día, creamos unha exposición "Bosque de coidado de criaturas máxicas" nun corredor do edificio de primaria.

Cada aula fixo a decoración dunha árbore e dunha criatura máxica: dragóns, unicornios, centauro, trols, fluffy, araña acromantula, hipogrifo e xigante. Cada criatura máxica era o protagonista dunha poesía.

 

 

MACEDONIA EN 1º PRIMARIA

O alumnado de 1º de educación primaria ten unha xornada moi divertida facendo unha apetitosa macedonia.

 

DIA DA AUGA: 22 de marzo

O Dia da auga pretende concienciar sobre o coidado da auga, tan necesaria para os seres vivos do planeta.

A auga é un recurso limitado e temos que traballar para a súa preservación. Se algún día escasease, traería consecuencias para toda a humanidade.

O alumnado de 4º de primaria foi visitar a Depuradora Municipal de A Guarda, onde dous técnicos explicaron o funcionamento das instalacións: as actividades humanas ensucian a auga, por iso temos que limpiala antes de que volva ao mar.

O alumnado de 2º de primaria realizou un mural explicativo dos coidados da auga; coma eles en actividades cotiás empregan a auga e non a poden malgastar.

O alumando de 6º de infantil e 5º/6º primaria visualizaron un vídeo divulgativo sobre a relevancia do auga no medioambiente e fixeron uns imáns "Cada gota, conta".

 

 

 

SEMANA DA PRENSA: do 7 ao 11 de marzo

O alumnado de 6º de educación primaria estivo traballando o xornal na Semana da Prensa.

Nas horas de lingua e lengua empregaron o xornal para traballar cos tempos verbais; procura de tempos verbais e creación dunha roda de verbos.

En ciencias fixeron o seu propio "Daily Prophet" que era o diario informativo ao servizo do Ministerio de Maxia en Harry Potter (actividade dentro do noso proxecto anual de centro da Biblioteca).

 

Distribuir contido


by Dr. Radut