Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Día dos Dereitos dos Nenos

         
 

O luns, 20 de novembro, celebramos no colexio o Día dos Dereitos dos Nen@s cunha posta en comúns dos murais realizados coa temática.

Aquí podedes ver o resultado.

 
 
 
     

Obradoiro sobre violencia de xénero nas novas tecnoloxías.

        
  O luns 20 de novembro, @s nen@s de 5º e 6º de Primaria tiveron un obradoiro para previr a Violencia de xénero nas Novas Tecnoloxías.  
     
 
 
     

MAREA BRANCA

        
  Para conmemorar a repulsa á Marea Negra causada polo Prestige nas costas galegas hai 15 anos @s nen@s de 4º de Primaria elaboraron un mural titulado "Marea Branca" que presentaron no acto organizado polo Concello o domingo 19.
 
 
 
     
     

Inicio do Proxecto: O Faro Da Escola

     
  

O colexio de Solanas vai participar no proxecto do xornal Faro de Vigo chamado "Faro da Escola" que consistirá na elaboración dun xornal propio por parte do alumnado, atendendo aos seus intereses e cumprindo con todos os parámetros dun xornal de verdade.

E para comezar con bo pé o martes, 14 de novembro,  tivemos no colexio a visita do director de IT, Bruno Rodríguez,  e dun fotógrafo, José Lores, para explicar en qué consiste a labor xornalística e cales son as cousas a ter en conta e cales os erros a evitar.

@s alumn@s de 5º e 6º de Ed. Primaria que acudiron a charla informativa quedaron emocionados e deseosos de comezar.

Este Proxecto promete moito!

Podedes consultar a páxina web premendo aquí.

 

   
   
     
 
 
     

I Semana da Froita Fresca

             
  1ª Semana da froita fresca 2017-2018 do 13 ao 17 de novembro  
             
   Luns 13   Martes 14   Mércores 15  Xoves 16    Venres 17
 
           
             

Mogosto 2017

        
 

Este venres, 10 de novembro, celebramos o magosto no colexio con castañas asadas e bocadillos de chourizo. 

Para rematar a festa @s nen@s que quixeron tiznaron as súas caras.

 
     
 
 
     

Charla informativa do GES de A Guarda

       
 

O martes, 7 de novembro, tivemos no centro a visita dun membro do GES da  Guarda que informou aos nen@s das medidas a ter en conta no caso de que suceda dunha emerxencia. Cómo actuar e que cousas non se deben facer.

Foi moi interesante.

Moitas grazas por vir!

 
 
 
     

Proxecto Ríos

      
   Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Ed. Primaria participaron no Proxecto ríos. Acudiron ás Aceñas onde analizaron as augas do río Tamuxe, buscando os macroinvertebrados, para observar a calidade da auga.    
 
 
     

Samaín - Halloween 2017

        
  Celebración conxunta do Samaín - Halloween 2017  
   Decoración do colexio  
 
 
     
  Concurso de cabazas e Cabazas Premiadas
 
 
 
     
  Merenda terrorífica
 
 
 
     
  Disfraces por cursos e algo da festa.
 
 
 
     
  Halloween: Trick or treat e Photocall
 
  x
 
     

Convivencia de Outono no Montiño

         
 

O venres, día 27 de outubro, @s alumn@s de Ed. Infantil e 1º de Primaria tiveron, como cada ano a súa saída ao Montiño co fin de disfrutar do outono e as súas características.

Alí recolleron follas, fixeiron carreras... ata escoitaron música tradicional!

Foi unha mañá moi completa!

 
     
 
 
     
Distribuir contido


by Dr. Radut