Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Magosto 2018

     
  O pasado venres, día 9 de novembro, celebramos o magosto no colexio con castañas  asadas e bocatas de chourizo. Por causa da choiva non poidemos facer nós a fogueira e tivemos que mandar asar á panadaría. Pero pasámolo moi ben de tódolos xeitos.  
 
 
     

Samaín/Halloween 2018

     
 

Samaín/Haloween

Como tódolos anos, tivemos o concurso de Cabazas, a merenda terrorífica e as actuacións de Samaín. Este ano coa novidade do concurso de Tumbas/Graves proposto dende o departamento de Inglés

 
     

Menú do comedor escolar - Novembro 2018

PROXECTO "AS VACAS". AULA DE 3 ANOS

Apadriñamentos e amadriñamentos - Outubro 2018

     
  O pasado venres, dentro das actividades da Semana das Bibliotecas Escolares, tivemos os nosos apadriñamentos e amadriñamentos onde uns escolares lle leron un conto aos outros.  
     
     

Menú especial Samaín_Halloween

Inauguración da Biblioteca

     
 

Despois de moitas horas de duro traballo, a nosa biblioteca xa foi inaugurada!

Queremos mostrarvos o resultado e convidarvos a tod@s a acudir c@s vos@s fill@s a coñecela no horario de préstamo das tardes. Recordamos que é os luns, mércores, xoves e venres de 15:30 a 17:30. Podedes acceder ao seu blog premendo na imaxe e ver o seu vídeo promocional.

Blogue Bibliosolanas

 
     

Visita ás novas instalacións do Concello

     
  O alumnado de 5º e 6 de Ed. Primaria acudiron á Casa Consistorial para coñecer as novas instalacións. Alí foron moi ben atendidos por Manuel, que lles explicou con coidado para qué se emprega cada espazo, ademais de ser recibidos polo alcalde!  
   

 
     

EXCURSIÓN Á GRANXA DE VACAS. EDUCACIÓN INFANTIL

Solanas colabora con: A Guarda escrita nas estrelas

      
 

O alumnado de Primaria acudiu ao dique do porto da Guarda para colaborar co mural "A Guarda escrita nas estrelas" Cada neno nen@ pintou unhas estrelas no mesmo e aprendou a pintar con spray.

Ademais descubriron o nome e o significado de cada un dos elementos alí pintados.

Foron unhas horas moi productivas!

 
   

 
     
Distribuir contido


by Dr. Radut