O martes, 30 de abril, tivemos visita dobre da Garda Civil ao colexio.
Primeiro @s nen@s de 5º e 6º de Ed. Primaria recibiron unha charla sobre "Violencia de xénero" impartida polo Sarxento, Pablo Piñeiro, da Garda Civil de Tomiño.
Despois todo o alumnado disfrutou dunha exhibición onde participaron a Patrulla Fiscal e Fronteiras, a Garda Civil de Tráfico e Seprona.
Un ano mais realizamos no colexio o Día sobre rodas coa finalidade de concienciar o alumnado sobre a accesibilidade aos servizos de todas as persoas e sobre a importancia do respecto e a tolerancia cos demais.
O alumnado de 6º de Ed. Primaria elaborou, un ano mais, dentro dos proxectos de Ciencias Naturais, un circuito eléctrico e cada un/unha o tuneou como mellor lle pareceu. Aquí tedes os resultados!
O martes 9 de abril celebramos no colexio o I Dia mariñeiro coa inestimable colaboración da Asociación Piueiro, que impartiu obradoiros de Nos mariñeiros, maquetas de embarcacións e aportaron os materiais para a confección dun Photocall mariñeiro.