APERTURA PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024-2025
|
|
XORNADA DE
PORTAS ABERTAS 2024
|
TRÍPTICO INFORMATIVO
DO CENTRO
|
|
|
|
SOLICITUDES DE RESERVA: do 15 ao 5 de febreiro é a presentación das reservas de praza do alumnado que acaba etapa no centro educativo (alumnado de 6º de educación primaria) e ten que pedir praza para a seguinte etapa no centro adscrito: O CEIP As Solanas está adscrito ao IES A Sangriña.
SOLICITUDES ORDINARIAS DE ADMISIÓN: do 1 ao 20 de marzo é o prazo de presentación para pedir no colexio os nenos e nenas que entran por primeira vez no sistema educativo ou para solicitar cambio de centro.
NORMATIVA RELACIONADO CON ESTE PROCESO
-
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
-
Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
-
Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
a) Solicitudes de reserva (ED550A): do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024.
Preme para escargar a solicitude: ED 550A
b) Solicitudes ordinarias de admisión (ED550B): do 1 ao 20 de marzo de 2024.
Preme para descargar a solicitude: ED550B
FORMA DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
a) Presentación electrónica de solicitudes (ED550A e ED550B):
1º. A persoa solicitante ten que acceder á aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumando) e cubrir o modelo ED550A - anexo I ou o modelo ED550B – anexo II, para o que necesariamente ten que dispoñer dun certificado de identidade e sinatura dixital (como o certificado da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre ou calquera outro admitido pola sede) ou un sistema de usuario e clave como a Chave365.
2º. Ademais, terán que cubrir o modelo anexo I-bis ou o modelo anexo II-bis (comprobación de datos e consentimento), segundo corresponda, imprimilo, e unha vez asinado de forma manual pola outra persoa proxenitora, titora ou acolledora, escanealo.
3º. A seguir, a aplicación permite conectar coa sede electrónica da Xunta de Galicia para asinar e presentar a solicitude utilizando calquera dos medios de identidade e sinatura do punto 1º. Xunto coa solicitude deberá achegar o anexo I-bis ou o anexo II-bis e o resto de documentación que, de ser o caso, fose precisa (libro de familia, sentenza de separación, documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas,...).
4º. O xustificante da presentación electrónica da solicitude (ED550A ou ED550B) só se xera cando a persoa a asine e a presente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, e indica a data de presentación.
5º No caso de solicitudes de admisión (ED550B), o número que aleatoriamente lle asignou aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación poderá consultarse, xunto co estado de tramitación da solicitude, na devandita aplicación.
b) Presentación presencial de solicitudes (ED550A e ED550B):
1º. A solicitude de reserva (ED550A) e o anexo I-bis, pode presentarse no centro docente no que estea matriculado nese momento o alumnado; e a solicitude de admisión ordinaria (ED550B) e o anexo II-bis, no centro docente indicado en primeiro lugar.
2º. Tamén deberá ir acompañada da documentación indicada no anterior punto 3º da letra a).
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
• Libro de familia.
• Sentenza de separación.
• Documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas.
POSTOS VACANTES PARA O CURSO 2024-2025
Relación de postos vacantes para o curso 2024-2025.
PUBLICACIÓN DAS LISTAS DE ADMITIDOS CURSO 2024-2025