Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Articles

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

25/04/2022 08:11
Europe/Madrid

 

Convocamos como cada ano o Concurso de Fotografía de Solanas.

Asociado co Proxecto de Biblioteca "O mundo máxico de Harry Potter", vos propoñemos crear un ANIMAL FANTÁSTICO (mascota, peluche, xoguetes,...), facer unha FOTO e enviala ó mail: solanas.concursos@gmail.com

Haberá un premio por aula.

O prazo é do 25 de Abril ata o 9 de Maio.


 

ANIMÁDEVOS!!! 

CONTACONTOS E EXPOSICIÓN "O PRINCIPIÑO": 5º e 6º de educación infantil

No mes do libro, o Concello de A Guarda convidóunos a Casa dos Alonsos para:

  • Unha exposición de máis de 250 exemplares sobre a obra máis famosa do escritor francés Antoine de Saint-Exepéry.
  • Contacontos "O principiño".

Aproveitamos a visita para coñecer a sala de plenos do Concello e ao alcalde da nosa vila.

DÍA DA POESÍA E DÍA DA ÁRBORE: 22 de marzo

Para festexar este día, creamos unha exposición "Bosque de coidado de criaturas máxicas" nun corredor do edificio de primaria.

Cada aula fixo a decoración dunha árbore e dunha criatura máxica: dragóns, unicornios, centauro, trols, fluffy, araña acromantula, hipogrifo e xigante. Cada criatura máxica era o protagonista dunha poesía.

 

 

SEMANA DA PRENSA: do 7 ao 11 de marzo

O alumnado de 6º de educación primaria estivo traballando o xornal na Semana da Prensa.

Nas horas de lingua e lengua empregaron o xornal para traballar cos tempos verbais; procura de tempos verbais e creación dunha roda de verbos.

En ciencias fixeron o seu propio "Daily Prophet" que era o diario informativo ao servizo do Ministerio de Maxia en Harry Potter (actividade dentro do noso proxecto anual de centro da Biblioteca).

 

11 FEBREIRO 2022. DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Con este día queremos visibilizar o traballo das mulleres que se dedican as áreas STEM, creando referentes femininos para a infancia.

Preténdese alcanzar a igualdade de xénero no ámbito ciéntifico.

"NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA"

BiblioSolanas impulsa a celebración anual do mes de novembro como "Mes da ciencia en galego nas bibliotecas".

Este ano realizou dúas iniciativas:

1. "Solanas nas estrelas". Visionado do planetario do profe Jorge para o alumnado de infantil e primaria; e o pintado dun anaco do espazo nunha parede do patio de infantil polo alumnado de 3º a 6º primaria.

2. "Maxia e ciencia". Experimentos para todos os nenos e nenas na biblioteca.

A continuación podedes ver o ven que o pasamos:

BiblioSolanas

Dende BiblioSolanas vos invitamos a pasar polo blog da biblioteca para ver as últimas publicacións sobre o proxecto deste curso, as recomendacións lectoras de todo o alumnado así coma os agasallos feitos coa impresora 3D.

Vos deixamos o enlace

http://biblioceipsolanas.blogspot.com/

 

PROGRAMA VEXO VEXO XACOBEO

Con motivo do Xacobeo 2021-2022, a Axencia de Turismo de Galicia en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade, pon en marcha esta iniciativa de fomentar a innovación e a cooperación.

"Vexo Vexo Xacobeo" é un programa piloto onde 10 colexios da provincia de Pontevedra acollerán esta iniciativa para divulgar, sensibilizar e promocionar o patrimonio dos Camiños de Santiago a través do conto, a lectura e a teatralización.

O noso alumnado de 1º primaria colaborou con este programa asistindo a un contaconto.

 

PREMIO POLO VOLUNTARIADO DE LECTURA -A

Dende BiblioSolanas temos moi moi boas novas!
 
Participamos no programa de Voluntariado de Lectura-A cos cursos de 5º e 6º de Primaria.
 
Fomos seleccionados cunha dotación económica para desfrutar duns Obradoiros CHULÍSIMOS! En breve vos contaremos!
 
Aquí tedes a Resolución da Conselleria!
 
Noraboa tamén os outros coles seleccionados!
 
Estamos encantad@s!!!
 

ABRIL MES dos LIBROS en BiblioSolanas

Dende o equipo de BiblioSolanas queremos contarvos que

xa tedes todas as actividades de celebración, deste mes tan significativo

e importante para nos, no BLOG e no Facebook da Biblioteca.

Pinchade nos enlaces para ir a velos.

Esperamos desfrutedes tanto coma o noso alumando! 

https://www.facebook.com/bibliosolanas

http://biblioceipsolanas.blogspot.com/



by Dr. Radut