Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Articles

Comic-vencia 2018

     
  Este curso tamén celebramos unha convivencia centro-familias para rematar o curso. A temática deste ano foi o Comic porlo que celebramos a nosa: Comic-vencia Solanas 2018  
 
  • Vídeo Resumo do Proxecto
 
   
 
  •  Traballos de aulas expostos:
 
     
 
  • Photocall
 
     
 
  • Merenda
 
     
 
  • Xogos coas familias
 
     
 
  • Entrega de premios aos mais lectores
 
     
     

Excursión de 6º de Ed. Infantil á Granxa Kirikó

     
  O alumnado de 6º de Ed. Infantil disfrutou dunha excursión chea de actividades interesantes na Granxa Kiriko. Esta excursión foi o premio acadado no concurso "Creando rural" organizado polo Concello de Tomiño.  
     
     

O Faro da Escola de Solanas

     
 

Xa temos no cole o noso Faro da escola de Solanas.  Foi un traballo arduo pero pagou a pena.

No vídeo a continuación podedes ver cómo foi a súa impresión e o ben que o pasamos na entregade Premio que tivo lugar en Vigo o luns 28 de maio.

 
     
     

Despedida de Sarah

     
 

Para despedir a Sarah, a nosa auxiliar de conversa neste curso, reunímonos todos no Salón de Actos nun emotivo acto.

Sarah, votarémoste moito demenos!

 
 

 

 
     

Visita ás instalacións da Xunta e o Parlamento de Galicia en Santiago.

     
 

O pasado mércores, 10 de maio, alumnado de 5º e 6º deEd. Primaria foron visitar as instalacións da Xunta de San Caetano, en Santiago. E o Parlamento de Galicia onde lles explicaron o seu funcionamento e onde poideron presenciar, tamén, un anaquiño da Sesión Parlamentaria que se estaba a desenvolver neses intres. Para rematar o día fomos almorzar nas inmediacións da Cidade da Cultura.

Foi un día moi productivo.

 
   
     

Visita ao Faro de Vigo

       
  O alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria foron ver, o pasado luns 23 de abril, as instalacións do periódico Faro de Vigo dentro das actividades programadas no proxecto "O Faro da Escola"  
 
 
     

Visita á fábrica de Pescanovav4º, 5º e 6º de Ed. Primaria

     
 

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria foi visitar a fábirca de Pescanova ubicada no Porriño.

Nela poideron ver todo o proceso de elaboración así coma un vídeo do proceso dende a pesca ata o consumidor. Despois degustaron unha selección de productos elaborados na fábrica co fin de aportar a súa valoración.

 
 

 

 

 
     

María Verde premiada no Concurso de debuxo Exponav

     
 

María Verde, de 2º de Primaria, gañou un acesi no Concurso infantil de debuxo Museo de Construcción Naval, convocado para conmemorar o décimo aniversario da inauguración do equipamiento cultural do museo.

Non poido ir a recoller o seu premio a Ferrol así que llo enviaron ao colexio.

Así de contenta estaba ela co seu premio!

 
   
   
     

Entrevista o Faro da Escola

     
  O 12 de marzo o alumnado de 4º, 5º e 6º acudiron ao Auditorio Mar de Vigo para entrevistar aos actores Celia Freijeiro e David Amor nunha entrevista conxunta organizada polo Faro de Vigo dentro das actividades do proxecto "O Faro da Escola".  
 
 
     

APÍPOLIS



by Dr. Radut