Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Articles

Visita ao noso centro da Garda Civil

O pasado 7 de maio tivemos no noso centro a visita da Garda Civil. Primeiro os maiores, de 4º a 6º de Primaria, tiveron unha charla informativa sobre o uso e perigos en internet a cargo dun membro do equipo de Delitos telemáticos.

Despois todo o alumnado desplazouse ao pavillón onde agardaban membros dos equipos cidadá, tráfico, Seprona e Tedax que mostraron o seu equipamento e lles deixaron montar nos vehículos, encendendo as luces, sereas...Probaron os chalecos antibalas e ata fixeron probas de alcoholemia!

Atención especial tivo o can detector de explosivos que foi a estrela do día.

Podedes acceder ás fotos premendo aquí, e aos artigos de prensa premendo nos enlaces a seguir: Faro de Vigo, Voz de Galicia.

 

         
     
         

Excursión OR.PA.GU.

Hoxe, martes 5 de maio, tivemos unha excursión moi especial. Fomos velo Porto Pesqueiro de Vigo, o Berbés, convidados pola Organización de Palangreiros Guardeses (OR.PA.GU.).

Primeiro viñeron ao colexio e explicáronnos o que iamos a facer. Logo regaláronnos unha mochila coa merenda e unha lebretiña para poder facer todas as anotacións que quixeramos. E de seguido subimos ao autobús rumbo a Vigo. Ao chegar puxemos chalecos de seguranza e dividímonos en varios grupos que, en diferente orde, fomos visitar os viveiros de marisco e un barco palangreiro (o Marivi Uno). Todo o persoal foi moi amable e nos explicaron as cousas con moita paciencia. Ademais responderon a tódalas nosas preguntas!

Polo camiño atopamos aos cetreiros, os encargados das aves de presa, e foron tan amables de explicarnos en que consiste o seu traballo e lanzaron a voar a unha das águias. Foi moi interesante.

 

Coma sempre, premede na imaxe para ir a galería de fotos.

E preme nos enlaces para acceder aos artigos de prensa: Atlántico diario e Infominho.

 

Moitas grazas ORPAGU por convidarnos! 

 

As actividades da semana do 20 ao 24 de abril do 2015

 

Esta semana estivemos moi ocupados. Cheos de actividades novidosas e fascinantes.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra de todo o que fixemos.

Premede nas imaxes para acceder as galerías de fotos.

 

    

 

 

              
    

Voluntariado de Lectura-A

Visita á Guardería Municipal Cativos

 

 

 

                  

Voluntariado de lectura-A

Visita ao Centro de Maiores Santa Tecla

 

 

 

   
 

 

 

     
 

 

Concerto: Os Terribles de Donas

 

 

 Teatro: O Parrulo Feo

 
   

 

 

   
 

Contacontos: Inacio Vilariño

 

 

 

 

 

 
 

 

 

               

Festival da Primaveira

 

Aquí temos as fotos do festival da Primaveira realizado o pasado mes de marzo.

Premede na imaxe para acceder á galería.

O día d@s amig@s 2015

 

Hoxe, 12 de febreiro, celebramos o Día d@s Amig@s. Fixemos un corazón co noso nome e escondémolo nunha caixiña. Despois tivemos que metela man na caixa e coller outro corazón. Así fixemos dos grandes amigos, o que aparecía o seu nome no noso novo corazón, e o que tiña o do noso nome. Despois tiñamos que dar unha grande aperta a eses amig@s! Que divertido!

E ademais, o MECO (espada) mandáranos vir todos de encarnado!!

Pincha na imaxe para velas fotos!

FESTIVAL DE NADAL 2014

Mañá venres, 19 de decembro, terá lugar o noso festival de nadal 2014.

A hora de comezo será as 9:30h, con apertura das portas ás 9:15.

A duración é inferior a 2 horas e os que se acheguen a velo disfrutaran moito!

 

 

O programa é o seguinte:

  • "Burrito sabanero" (3 anos, panxoliña)
  • "En busca da neve" (4 anos, teatro)
  • "Navidad Pitufa" (5 anos, panxoliña)
  • "Rodolfo el reno" (1º Primaria, panxoliña)
  • "Na casa da miña avoa" (1º Primaria, panxoliña)
  • We wish you a Merry Christmas" (1º y 2ºPrimaria, Christmas carol)
  • "O rei que se esqueceu de rir" (2º Primaria, teatro)
  • "Iban en coche" (2º Primaria, panxoliña)
  • "Tres reis en bicicleta" (3º Primaria, panxoliña)
  • Historia, canción e baile do Apalpador (3º Primaria)
  • "Santa Claus is coming to town" (3º y 4º Primaria, Christmas Carol)
  • "Roar-Katy Perry" (5º Primaria, baile)
  • "Animals" (6º Primaria, coreografía)
  • "Todo é un conto" (5º Primaria, teatro)
  • "So this is Christmas" (5º y 6º Primaria, Christmas carol)
  • "Suite Comercial" 4º, 5º y 6º Primaria, panxoliña)

O mogosto no cole 2014

Velaiquí tedes un pequeno vídeo do magosto do venres 7.

Para acceder a galería de imaxes premede aquí.

O Samaín / Halloween no colexo, 2014

Aínda que con este tempo caluroso non o parece, xa chegamos a festividade do Samaín.

E coma sempre, a celebración no colexo vai por todo o alto!

Tremeeeeede!

 

Concurso de decoración de portas Concurso de cabazas
sam_in

 

A papatoria de doces do outono... e pratos terroríficos

A festa: cancións, bailes e demais.
   

 

 O canción de 2º de Primaria

 

 O baile de 4º de Primaria

 

 

O baile de Mestres/as

Preme nas imaxes para aceder as fotos e vídeos.

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2014-2015

O VINDEIRO MÉRCORES, DÍA 10 DE SETEMBRO, COMEZAMOS AS AULAS. COMA SEMPRE ÁS 9:00H.

ESPERÁMOSVOS!

 

FESTA DA AUGA.



by Dr. Radut