CHARLAS FORMATIVAS/INFORMATIVAS DO PLAN DIRECTOR
Actividade promovida polo equipo de Convivencia e Benestar escolar.
O Plan Director son charlas formativas/informativas para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos destinadas ao alumnado sobre diferentes temáticas.
Neste día da muller acompaña ao alumnado de primaria unha axente da Garda Civil para falar sobre "Acoso e ciberacoso" e "Igualdade".
"APRENDENDO COAS MULLERES GALEGAS"
Actividade promovida polo equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Durante esta semana o alumnado de 6º de educación primaria estivo pescudando información sobre unha muller galega para despois realizar unha animación a través da aplicación Chatterpix Kids, coa que gravaron as súas voces contando os aspectos máis importantes da biografía da cada muller.
Como resultado final realizaron un libro onde o resto do alumnado do colexio escaneou os códigos QR, reproducíndose así na tablet un vídeo con toda a información sobre cada unha das mulleres.
VÍDEO DO DÍA DA MULLER NA AULA DE 3º DE PRIMARIA