Coa chegada do Samaín, o equipo da biblioteca organizou unha exposición de libros de terror que está tendo moito éxito e senón, preguntádelle ao noso amigo "O Señor terrorífico", que non se despega dos contos .
Ide visitalo. Seguro que vos atoparedes cunha gran cantidade de emocións e sorpresas!
Por fin chegou o día! Hoxe, venres 14 de novembro celebramos o magosto, como xa é tradición. Non faltaron as castañas, os chourizos e unha chea de xogos cos que disfrutamos un montón.
Temos que agradecer a colaboración dos alumnos de 6º que axudaron a asar as castañas, así como a preparar e controlar os xogos.
Visitade a nosa galería se queredes ver con máis detalle o ben que o pasamos.